Premiado o decano da Facultade de Ciencias co 3º premio polo Ouro Azul polo labor desenvolvido dentro do Campus da Auga

O colecitvo O Bosque Maxico concede cada ano este galardón co galloo do Día Mundial da Auga

PREMIO OURO AZUL
Cada mes de marzo, coincidindo co Día Mundial da Auga, o colectivo O Bosque Máxico fai público o seu premio Ouro Azul. Este ano o galardón recoñece o traballo do decano da Facultade de Ciencias do Campus de Ourense – Universidade de Vigo polo «traballo desenvolvido no Campus da Agua, onde, con diferentes propostas e estudos, preparase a sociedade para a manipulación, consumo, uso, conservación e sensibilización ante este elemento esencial para o ser humano e a biodiversidade». A cerimonia terá lugar o martes,24 de marzo, no Museo Municipal de Ourense.

O premio Ouro Azul, constutuído hai tres anos, ten como obxectivo recoñecer «a aquelas persoas que, dunha forma ou doutra, traballan, protexen e/ou estudan as distintas xeitos cos que contribuír a que un elemento tan precioso como a auga mantéñase nun estado o máis puro, potable e equilibrado posible». Na práctica, distingue a personalidades do campo das ciencias ambientais recoñecidas polo seu labor en defensa da auga. En 2014 foi agraciado con este premio o profesor e doctor Luís Rodríguez Miguez (Santiago de Compostela, 1932) polo seu traballo pioneiro na divulgación do termalismo.

.