Para os visitantes de Ourense que despois dun baño nas Burgas queiran descubrir a Ruta Termal do Miño e os distintos espazos de baño da zona, adoitamos recomendaros, como o mellor xeito de chegar ata alí, que collades o Tren das Termas, con saídas desde a Praza Maior (podedes consultar os horarios aquí). Pero para os que preferides utilizar o coche e non tedes claro como acceder a zonas como Outariz, Chavasqueira ou Muíño aquí tedes un mapa coas indicacións precisas para achegarvos aos aparcamentos habilitados.O inicio do traxecto está marcado na Estación de Trens de Ourense.

E se o que vos apetece é coller a bicicleta aquí vos deixamos unha proposta para cubrir a Ruta Termal do Miño, un paseo circular de case doce kilómetros para gozar da natureza, facer un pouco de saudable exercicio e rematar cun reconfortante baño termal. Para non perdelo!


Ver Ruta en bicicleta polas termas de Ourense, Outariz-Muíño-A Chavasqueira (Ourense) nun mapa máis grande