Cata de augas minerais e teatro nas Burgas para celebrar o Día Mundial da Auga

A Concellaría de Termalismo propón unha axenda de actividades para celebrar esta efeméride coa que sensibilizar sobre a importancia deste elemento fundamental para a vida

Ourense sumase así a outras cidades termais europeas na celebración desta data nun evento conxunto , Celebration@Sources, que se poderá seguir a través das redes sociais

Co gallo da celebración, o 22 de marzo, do Día Mundial da Auga, o Concello de Ourense organiza unha serie de actividades no complexo arqueolóxico termal das Burgas co obxectivo de achegar este espazo á cidadanía e pór en valor as augas termais de Ourense, o noso patrimonio máis importante. Ourense súmanse así á proposta da Asociación Europea de Cidades Históricas e Termais para celebrar de xeito conxunto esta data. Baixo o título de Celebration@Sources, as diferentes cidades europeas organizan un programa de actividades que se poderá seguir a través da páxina de Facebook www.facebook.com/celebrationsources.

Icona INS Celebration@Sources_GAL

SEMANA DO CAMPUS DA AUGA

As celebracións do Día Mundial da Auga arrancan xa o propio luns día 17 e esténdense ao longo da semana. Entre o 17 e o 21 de marzo o Campus de Ourense da Universidade de Vigo organiza a primeira “Semana do Campus da Auga”; unha iniciativa que contribúe a visibilizar este proxecto de excelencia internacional no que está a traballar a institución. O Concello de Ourense estará presente nesta iniciativa coa participación de representantes institucionais no primeiro Forum para a Cooperación Empresa-Institucións-Universidade.

O luns día 17, a partir das 16.00 hrs. o Concelleiro de Facenda, Emprego e Termalismo, Jose Ángel Vazquez Barquero, participará na primeira das mesas do Forum, adicada ao Termalismo e Augas Minerais. O martes o fará a Concelleira de Urbanismo, Aúrea Soto, nunha mesa asociada á xestión da auga e aplicacións industriais.

SÁBADO 22, DÍA MUNDIAL DA AUGA

A primeira das actividades programadas para o sábado día 22 é unha Cata de augas minerais dirixida polas profesoras Elena Falqué e Mª Concepción Pérez Lamela, da Facultade de Ciencias do Campus da Universidade de Vigo. A actividade comenzará as 10.00 hrs. no Centro de Interpretación das Burgas e a participación é gratuíta. O número de prazas é limitado, polo que será necesario formalizar inscricións dirixindose á Concellaría de Termalismo (no teléfono 988388108 ou no correo termal@ourense.es).

Pola tarde, a partir das 20.30 hrs. a Estación termal das Burgas convértese nun escenario para acoller o mónologo teatralizado Calpurnia Abana nas Burgas de Ourense. Desenvolto coa colaboración da Escola Municipal de Teatro a partir dun texto do arqueólogo municipal Jose María Eguileta, nel atopámonos a Calpurnia Abana, primeira dama de Auria, quen nos contará como ela, xunto a outras moitas persoas, acudía aos baños das Burgas buscando a saúde a través das ninfas que habitaban estas augas misteriosamente quentes.

HORARIOS ESPECIAIS PARA A ESTACIÓN TERMAL DAS BURGAS

Con motivo de esta celebración, a Estación Termal das Burgas prolonga os seus horarios: do 18 ao 21 de marzo, coincidindo coa celebración da Semana do Campus da Auga a Estación Termal prolongará o seu horario de tarde ata as 22.00 horas. Ademáis, e de xeito extraordinario, o sábado 22 as instalacións permanecerán abertas ata as 00.00 hrs. Lémbrase que o acceso a estas instalacións municipais continua a ser gratuíto.

CELEBRATION@SOURCES NAS REDES SOCIAIS

Xunto con Ourense, cidades como Vichy, Baden Baden ou Budapest celebrarán este día con diversas propostas que quedarán documentadas a través de Facebook na web www.facebook.com/celebrationsources. Participantes e público están convidados a participar de xeito activo cos seus comentarios ou subindo fotografías. Poden facelo a través de Instagram empregando a etiqueta #celebrationsources.

Celebration@Sources é unha actividade programada dentro do proxecto europeo SOURCE.