TripAdvisor premia á piscina termal das Burgas co Certificado de Excelencia 2015

As vosas opinións e valoracións nas redes sociais deixáronnos estes días unha magnífica noticia: a piscina termal das Burgas, cualificada xa como a atracción nº1 en Ourense no portal de turismo TripAdvisor vén de acadar o certificado de excelencia para este 2015. O portal outorga este distintivo a aqueles «establecementos que obtiveran sistematicamente boas opinións de viaxeiros». É dicir, que foi grazas á vós, bañistas, que dedicastedes uns minutiños do voso tempo para comentar as vosas experiencias nesta piscina única no corazón de Ourense, onde pasado e presente conviven a través das augas termais.

Con este premio confírmase que o prestixio na rede das instalacións termais da cidade vai en aumento: máis de 30 viaxeiros deixaron a súa opinión sobre as Burgas, que obtivo unha puntuacións de 4,5 sobre 5 e a cifra vai aumenta cada día. Ademais, cómpre salientar que a oferta termal xeral da cidade é xa o recurso turístico máis valorado, con máis de 120 opinións e repetindo unha puntuación de 4,5 sobre 5.

TripAdvisor é o sitio de viaxes de maior referencia no mundo,elixido por multitude de viaxeiros para planificar, reservar e comparar opinións sobre o destino. Cada ano outorga este «certificado de excelencia» co que premiar o bo facer dos establecementos mellor valorados. Nesta edición, ademais, creou por vez primeira un «Salón da Fama» reservado só a aqueles que repiten excelencia ano tras ano…así que ide preparando as vosas opinións para repetir o galardón en 2016!

Encántanos que vos encante Ourense e as súas termas. Agora que chegou o bo tempo, visitádenos e probádeas: aínda que pareza mentira, tamén son un magnífico remedio contra a calor!

Probaches xa as augas das Burgas e aínda non comentaches? Cóntanos como foi a túa experiencia :)