En cumprimento coa Lei 34/2002 do 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, o presente texto deixa constancia de que termalismo.ourense.es é un espazo web propiedade do Concello de Ourense, con CIF P-3205500F e domicilio social en Praza Maior, 1 32005 Ourense. O enderezo de correo electrónico para este sitio en Internet é termal@ourense.es e o teléfono +34 988 388108.

O Concello de Ourense pon a diposición gratuita dos/as usuarios/as de Internet as informacións recollidas neste sitio. O acceso ao mesmo implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluidas neste Aviso Legal. A utilización de determinados servicios ofrecidos neste sito rexerase ademais polas condicións particulares previstas, que poden sustituir, completar e/ou modificar o presente Aviso Legal (ver Condicións do Uso da Información) O/a Usuario/a debe ler atentamente as correspondentes condicións particulares e o presenta Aviso Legal, entendendo aceptados ambos polo mero uso dos servicios contidos neste sitio.

Autorízase a visualización, impresión e descarga parcial do contido da web só e exclusivamente cando concurran as seguintes condicións: 1)Que sexa compatible cos fin da web termalismo.ourense.es, 2) Que se realice exclusivamente co ánimo de obter información para uso persoal e privado. Prohíbese expresamente a súa utilización con fins comerciais.

Tanto o acceso a esta web como o uso que poida facerse da información contida nesta é da exclusiva responsabilidade de quen a realiza. O Concello de Ourense non responderá de ningunha consecuencia, dano ou perxuízo que puidera derivarse do devandito acceso ou uso da información.

O Concello de Ourense exclúe con toda a extensión permitida polo ordenamento xurídico calquera responsabilidade polos danos e perxuízos derivados da conexión, servizos ou contidos dos enlaces de terceiros aos que se fai referencia na web.

O Concello de Ourense resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións e actualizacións da información contida na web, da configuración e presentación desta e das suas condicións de acceso.

O Concello de Ourense non garante a inexistencia de erros no acceso ao web, no seu contido, nin que este se atope actualizado, aínda que desenvolverá os seus mellores esforzos para, no seu caso, evitar os erros, emendalos ou actualizalos.

O Concello de Ourense resérvase o dereito de introducir modificacións ou omitir parcial ou totalmente os actuais contidos deste sitio cando o considere oportuno, así como impedir ou restrinxir o acceso de forma temporal ou permanente.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O Concello de Ourense é titular dos dereitos de propiedade industrial referidos ás marcas rexistradas. Respecto ás citas de servizos de terceitos esta entidade recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade industrial e intelectual.

Asimesmo, os contidos da web, entendo por estos de forma numerativa e non limitativa textos, fotografías, bases de datos, deseños, contidos audiovisuais, etc están suxeitos a dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello de Ourense e/o terceiros, sen que poidan entederse cedidos ao usuario/a ningún dos dereitos de explotación máis alá do estrictamente necesario para o correcto uso do sitio.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal así como os perxuízos ocasionados nos dereitos de propiedade industrial e intelectual do Concello de Ourense darán lugar ao exercicio das accións que legalmente lle corresponden a esta Administración e, no seu caso, ás responsabilidades que dese dereito se puideran derivar.

PROTECCIÓN DE DATOS

Os datos persoais proporcionados polo Usuario/a serán tratados conforme establece a lexislación vixente reguladora da Protección de Datos de Carácter Persoal (Lei Orgánica 15/1999 do 13 de decembro) e no resto de normativa de aplicación. Para tal efecto, incluiránse nos correspondentes ficheiros do Concello de Ourense.

O Concello de Ourense garante a confidencialidade no tratamento dos datos de carácter persoal que se soliciten,así como a implementación de medidas que garantan a súa seguridade.

Para o exercicio dos dereitos de acceso, cancelación, rectificación ou oposición, previstos na correspondente lexislación o/a interesado/a pode dirixirse á:

Concello de Ourense

Praza Maior 1

32005 Ourense

+34 988 388108

termal@ourense.es