Termatalia pecha a súa edición arxentina con participantes de ata 28 países

O pasado 4 de outubro autoridades dos gobernos arxentino e galego clasuraban a última edición de Termatalia, a feira internacional de turismo termal e de saúde que este ano celebrou o seu 14ª aniversario en Termas de Río Hondo, Argentina , un dos destinos termais de referencia en América do Sur. Termatalia pnlle fin así a catro días de conferencias, seminarios e exposicióna onde cómpre salientar o papel do encontro na capacitación e formación de profesionais. Expertos de distintos ámbitos puxeron estes días a disposición do público a súa experiencia e coñecementos nunha serie de actividades (Encontro internacional de cidades termais, xornadas sobre a agua e o termalismo, políticas públicas…) que reuniron a milleiros de participantes provintes de ata 28 países diferentes.

Ademáis das propostas formativas, Termatalia repetiu en Arxentina o seu formato habitual de éxito xa avaliado, contemplando espazo para os expositores no autódromo de Termas de Río Hondo ou a recreación dun centro termal co que dar a coñecer os diferentes tratamentos e técnicas hidrotermais que ofrecen os establecementos balnearios, dotado con piscinas, hamman, hidromasaxe, etc. Tamén se instalou o Bar de Aguas, onde se celebrou a que xa é a 12º edición da Cata Internacional de Augas. Dirixida pola sumiller gallega Mercedes González, contou cun un xurado integrado por profesionais de España, Arxentina e Brasil, quen co seu veredicto situou as marcas Agua de Costa Rica e Bioleve de Brasil como as grandes gañadoras do certame.

A ceremonia de clausura contou coa presenza de autoridades de Arxentina e de Galicia. A representación arxentina recaeu no director nacional de Promoción Turística do Ministerio de Turismo Arxentino, Óscar Suárez, no representante da Cámara Arxentina de Turismo, Ramiro Além, no subsecretario de turismo de Santiago de Estero, Ricardo Sosa, e mais no Intendente de Termas, Ricardo Sosa. A participación galega, pola súa banda, correu a cargo da directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, e do director de Termatalia, Alejandro Rubín, así como de autoridades do Concello de Ourense.

Durante a súa intervención Nava Castro asegurou que “Termatalia propicia o desenvolvmento dunha red que conecta a todo os diferentes axentes, futuro dun sector que temos que apoiar porque nos conducirá a calidade e a excelencia como destino turítico, así como ao desenvolvemento do noso territorio en materia de turismo sustentable”. Salientou ademáis o feito de que a presenza de Galicia e da cidade de Ourense neste evento internacional están a contribuir a súa promoción internacional como destino de turismo de saúde e, ademáis, lugar de capacitación de profesionais no sector. A presenza de empresas de consultoría, equipamento e investigación da comunidade, ademáis da propia presenza do Campus da Agua da Universidade de Vigo, convirten a Galicia e a Ourense en lugares de referencia á hora de formarse profesionalmente no turismo de saúde e wellness.

World