Café Enghien-les-Bains

«As Cidades Invisibles»

Cultura dixital, realidade aumentada e patrimonio Cultural: desafíos clave para as principais capitais termais en Europa

Centro de Artes de Enghien-les-Bains, 14 de xuño de 2013

O primeiro Café de Europa do programa SOURCE desenvolveráse en Enghien-les-Bains baixo o título «As Cidades Invisibles», tomado da famosa novela de Italo Calvino. Con el inaugúrase un proxecto a dous anos recoñecido pola Comisión Europea como parte do programa Culture 2007-2013.

Este Café de Europa está organizado polo Centro Artístico de Enghien-les-Bains en nome do concello desta cidade e a súa oficina de turismo, socios do proxecto xunto coa Asociación Europea de Cidades Termais Históricas e a Ruta das Vilas Termais do Macizo Central, en Francia. O evento abordará o papel que está chamado a xogar a creación e o arte dixital na divulgación e posta en valor do patrimonio cultural europeo.

A cidade de Enghien-les-Bains, recoñecida como «estación de turismo» polo Ministerio de Turismo francés en 2012, é coñecida a nivel internacional no eido da creación dixital. Esta experiencia é un aspecto clave da súa identidade termal.

Cómo pode a creación dixital revolucionar a experiencia do turista? Cómo debe incorporarse esta ao turismo termal europeo nun futuro cercano? Responsable spolíticos europeos, sociólogos, investigadores, artistas i escritores debatirán estas cuestións en formato de mesa redonda, nun evento no que se intercalarán lecturas de textos extraídos da literatura de viaxes e presentacións de proxectos clave xa desenvoltos. Todos os membros da EHTTA acudirán a esta cita.

O Café, de asistencia gratuíta, está aberto a calquera persoa que queira afondar nas orixes e futuro desta cultura común compartida polas cidades termais europeas. Ademáis, a programación forma parte do festival de Cultura Dixital Futur en Seine.

Desde a organización recoméndase reservar asistencia con antelación. Podedes facelo no teléfono +33(0)1 30 10 85 59 ou escribindo a accueilcda@cdarts.enghien95.fr. O evento tamén se poderá seguir por streaming en directo en www.glowbl.com/cda95