CABeCeRA SOURCeS

O Concello de Ourense súmase ao proxecto de cooperación transnacional “Cafés de Europa” de fomento dos valores termais

  • Por en valor o termalismo coma eixo estratéxico, a cooperación entre as vilas e cidades termais e a promoción e difusión da riqueza da auga e os mananciais, claves e obxectivos do proxecto

  • O alcalde, Agustín Fernández, e o concelleiro de Termalismo, Vázquez Barquero, recibiron a Michael Thomas-Penette, delegado Xeral da Asociación Europea de Cidades Histórico Termais, EHTTA

Os días 18 e 19 de abril a cidade de Ourense acolleu a visita do delegado xeral da EHTTA, Michel Thomas-Penette quen viaxou a Ourense para comezar a traballar na última iniciativa desenvolta desde este asociación europea da que a cidade das Burgas é membro fundador. Trátase dun proxecto de cooperación trasnacional titulado “Fontes de Cultura: os cafés de Europa”, coordinado pola Ruta de Vilas Termais do Macizo Central (Francia) e que engloba a todas aquelas cidades membro da EHTTA. O proxecto foi seleccionado entre 476 solicitudes presentadas á convocatoria do programa europeo CULTURE 2007-2013, salientando a calidade do proxecto como elemento revitalizador e dinamizador urbano e estratexia cultural de desenvolvemento proactivo.

O proxecto SOURCE quere celebrar as orixes dunha cultura termal común a toda Europa, compartida por aquelas cidades cuxos recursos termais son a principal causa da súa existencia e que recrean a efervescencia creativa e o diálogo daqueles “Cafés de Europa” (nome co que foi bautizada a cidade belga Spa, no século XVIII cando os intelectuais europeos discutían, entre as augas, os asuntos de actualidade) reinventándoos agora na era das Novas Tecnoloxías da Información. Con el, preténdese ademais contribuír a divulgar e dar a coñecer a existencia da EHTTA, das súas cidades membro e, por riba de todo, do Itinerario Cultural Europeo do que forman parte.

O proxecto comprende diferentes etapas de desenvolvemento, sendo a primeira e principal unha serie de conferencias e debates en diferentes cidades termais de Europa, os chamados “Cafés de Europa”. En ourense, o evento celebrarase no mes de setembro baixo o título “Fontes espirituais, mananciais termais e a peregrinaxe hacia a espiritualidade”, centrado en examinar as conexións entre as diferentes vías de peregrinaxe galegas e o termalismo, aproveitando a importancia e proximidade do Camiño de Santiago, e a vertente creativa do mundo termal.

Fontes de inspiración e creación

O proxecto, avalado pola Comisión Europea, conta cunha segunda fase na que se levará a cabo a posta en común entre as vilas e cidades termais daqueles eventos culturais, lúdicos e artísticos, que contribúen a súa relevancia e afluencia turística.

Bautizada como “Festivents” esta iniciativa traduciráse na creación dun directorio online desta oferta cultural, localizado nunha plataforma dixital especialmente deseñada para este fin. Esta gran base de datos procurará un fío conductor entre as diferentes informacións que vincule os lugares, os movementos artísticos, a historia europea das artes, o desenvolvemento dunha “cultura termal”, etc.

Un resumo de todos estes eventos publicaráse cada 22 de marzo coincidindo co día “Celebrando as Fontes”, hoxe recoñecido como o “Día Internacional da Auga”. Nesta data celebraráse tamén un día de “balnearios abertos” que servirá de reclamo a visitantes, veciños e veciñas para descubrir as augas termais.

O Centro de Recursos Europeo sobre Patrimonio termal, mediateca sobre recursos termais

A terceira e última fase deste proxecto localízase en Vichy en Francia, cidade que conta cunha mediateca sobre recursos termais que actualmente está en fase de ampliación, aspirando a convertirse no centro europeo de documentación do patrimonio termal. O Centro compilará documentación, iconografía, adquisición de documentos, bibliografía, etc. das diferentes cidades participantes, desarrollando además un website onde esta información esté dispoñible para consulta pública.

Primeiras sesións de traballo

Con motivo da visita do delegado xeral, o Concello mantivo as primeiras reunións de traballo para concretar o que será o Café este setembro en Ourense. Thomas-Penette foi recibido polo Alcalde, Agustín Fernández, e o Concelleiro de Termalismo, Jose Ángel Vázquez Barquero, nun encontro que serviu tamén para dar a coñecer o proxecto europeo aos medios e público en xeral. Na rolda de prensa que seguiu a recepción oficial o delegado declarou a importancia e urxencia de que “as vilas termais europeas, que tradicionalmente estiveron a vangarda social, cultural i económica no continente, recuperen esa posición destacada aunando forzas e buscando nexos comúns que as fornezan de cara aos desafíos da Europa do futuro”. Neste sentido, Thomas-Pennette fixo fincapé na necesidade de “traballar en novos modelos de turismo cultural que teñan como protagonista a riqueza termal, apostando polo turismo lento, o turismo de saúde e a sustentabilidade “.

A Ruta de Vilas Termais do Macizo Central será a encargada de coordinar o proxecto, que se desenvolverá entre maio de 2013 e maio de 2015. Ademáis participan como coorganizadores a propia EHTTA, as cidades de Bath (UK), Acqui Termi, Fiuggi (Italia), Baden Baden (Alemaña), Ourense, Spa (Bélxica) e Royat-Chaliéres (Francia), o Centro das Artes de Enghien-les-Bains (Francia), e a Mediateca Valery-Larbaud en Vichy.


Ver outras noticias sobre o proxecto Orixe

 

Resumo en imaxes da visita do Delegado Xeral da EHTTA, Michel Thomas-Penette, a Ourense
slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image