slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image


O Centro de Interpretación das Burgas abre as súas portas

O Concello de Ourense ven de abrir ao público o Centro de Interpretación das Burgas, o primeiro proxecto de musealización do patrimonoio arqueolóxico termal da cidade. Situado en pleno Casco Histórico, o Centro complétase cun bulevar peonil que dota a cidade dunha nova zona verde 6.000m2 e que incorpora os achádegos arqueolóxicos da zona, entre eles unha piscina-santuario romana do século I d. C. O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, participou no acto de apertura salientando o “carácter integral” deste proxecto, un auténtico “modelo de colaboración institucional” que reflicte “a maior expresión do termalismo ourensán” e o seu principal recurso turístico.

A apertura do Centro de Interpretación, co seu circuito expositivo e divulgativo en torno ao pasado termal da cidade, vén completar as instalacións da piscina termal das Burgas, en funcionamento desde o 2010. A zona incorpora tamén apartamentos turísticos, así como unha tenda de merchandising e cafetería, cuxa xestión sacará a concurso nos vindeiros meses o Concello. Tal e como suliña o Concelleiro de Termalismo, Jose Angel Vázquez Barquero “ agora hai que abrir á zona á iniciativa privada” en alusión ao antigo cárcere provincial ,un edificio monumental nun espazo privilexiado para unha explotación hoteleira e balnearia en pleno centro da cudade,

O Centro de Interpretación das Burgas foi obra dos arquitectos Manuel Jorreto e Pablo Falcón xunto cos arqueólogos municipais Celso Rodriguez e Jose María Eguileta. Abre ao público de martes a domingo de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O bulevar peonil pode visitarse entre as noves da maña e as nove da noite todos os días.





Descargas

Folleto “C.I.A.T.C.O. As Burgas”: (ES, GL, DE); 480kb