Mapa Aeroportos

Ourense, referente urbano da Galicia interior, actúa polo seu emprazamento como eixo de comunicacións que conecta a Galicia Atlántica con resto de España. Mantén ademais un estreito contacto con Portugal, cuxa fronteira sitúase só a 60 Km de distancia.

POR ESTRADA

En coche propio ou autobús, Ourense conta cunha boa rede de infraestruturas viarias que facilitan a viaxe. As principais cidades galegas, Coruña, Santiago de Compostela e Vigo están conectadas por autovías e autopistas e atópanse nun radio de menos de 200 Km. A A-52 sitúa a cidade a 4 horas de Madrid, mentres que a segunda cidade portuguesa, Oporto, está a menos de 2 horas de camiño.

Coordeadas GPS: 42º20’11”N 7º51’48”W – 42.3379,-7.8638

Principais accesos:

  • Desde Coruña e Santiago de Compostela: AP-53
  • Desde Porto, Vigo, Madrid: A-52
  • Desde Lugo: N-540

Ver tamén: información práctica

POR TREN

Outra boa opción é o tren. Con conexións co resto de España e a espera da entrada en funcionamento dunha liña AVE que conecte Ourense con Madrid en 2 horas e media, o novo tren AVANT comunica A Coruña con Ourense en 1h.10 minutos e con Santiago de Compostela en 38 minutos. Consulta www.renfe.es para ver combinacións.

POR AVIÓN

Aínda que Ourense non ten aeroporto, as boas comunicacións sitúan os 3 aeroportos internacionais galegos a un paso. O aeroporto de Peinador en Vigo está a 95 km, Lavacolla en Santiago de Compostela a 106 km e o de Alvedro na Coruña a 176 km. Tamén é posible viaxar desde o Sá Carneiro, en Porto, a escasas dúas horas de traxecto.