Inversores aplauden un proxecto de cidades “ben traballado, reflexionado e con proxección de futuro” para Ourense

Logo da última sesión do Foro de Inversores promovida polo Concello de Ourense celebrado en Madrid coincidindo con FITUR 2013, os organizadores analizan agora as conclusións dunha iniciativa que tiña por obxectivo non só dar a coñecer este destino termal, senón tamén escoitar as impresións e opinións dos participantes ante as propostas presentadas.Coloquis, debates e entrevistas persoais conclúen de xeito unánime nunha valoración altamente positiva, resumible nas verbas de Jose María Raurich,representante dun gupo inversor asentado en Cataluña, quen calificou os proxectos presentandos de “moi ben traballados, reflexionados e con proxección de futuro” apuntando a que en Ourense “pódese xerar un polo de atracción dun producto propio e algo que non existe no mercado”.

A información recabada permitirá ao Concello elaborar unha análise de forzas e oportunidades onde as novas propostas veñan enriquecer na folla de ruta na que se está a traballar para facer de Ourense un destino termal de primeiro nivel en Europa. Os participantes coincidiron en salientar a boa xestión pública sobre dous elementos fundamentais: a calidade e cantidade dos propios mananciais de augas termais e un planeamento urbanística que toma como punto de partida estes recursos naturais. Un traballo sólido – apuntan – ao que agora debe sumarse unha importante estratexia de comercialización e promoción internacional. Un proceso que, segundo os debates plantexados, deberá contemplar un termalismo orientado ao pracer, o lecer, e o benestar. En verbas de Max Raster, consultor alemán do eido sanitario “España xa conta con moitos balnearios tradicionais, polo que Ourense debería apostar por unha oferta diferente centrada no sector termolúdico, a recreación e o relax. Nunha zona como as Burgas, onde as augas combínanse ademais coa arqueoloxía romanana, esto daría lugar a un produto único”.

“Ourense ten un grandísimo potencial, maior aínda que o de moitas cidades termais xa recoñecidas en Europa”Apostar polo área das Burgas como a grande infraestrutura termal da cidade, avanzar as comunicacións coa integración do AVE e desenvolver unha contundente estratexia de promoción son, segundo opinión dos participantes, os grandes retos que Ourense deberá encarar para seguir avanzando no seu posicionamento como destino termal. Tal e como lembraba o secretario xeral da European Spas Association, Joachim Lieber “Ourense ten un grandísimo potencial, maior aínda que o de moitas cidades termais xa recoñecidas en Europa”