Novos horarios de inverno 2015 para As Burgas

Carrusel portada Burgas 12

Rematou agosto e xa se comezan notar os cambios: días máis curtos, a preguiza da volta ao cole, ao traballo…aínda que hai rutinas que apetecen máis ca outras! En Ourense os nosos hábitos termais non mudan, xa que, dun xeito ou doutro, aquí sempre é verán e levamos o traxe de baño con nós todos os días. A partir do 4 de setembro, e axeitándonos as horas de sol, actualizamos horarios na piscina termal das Burgas, así que tomen nota!

De martes a domingo

  • De 10.00 a 13.00 h
  • De 17.00 a 21.00 h

Luns pechado