Tanto se sodes deses afortunados que gozades dunha Semana Santa completa como se vos conformades cunha ponte longa, estes días tedes unha magnífica oportunidade para vir relaxarvos á cidade das Burgas. En Ourense inauguramos abril con promesas de bo tempo abriu abril, con promesas de bo tempo e a cidade a punto para que gozedes dela máis que nunca.. Como de costume, un bo punto de partida para descubrir o Ourense termal é comezar polas Burgas, no corazón da Cidade vella. Aquí, ademais de tirar algunha fotografía na Burga de Abaixo. Existe a posibilidade de tomar un baño na piscina térmal, espazo a ceo aberto no que gozar destas augas mineiro-medicinais practicamente do mesmo xeito e no mesmo lugar que o fixeron os romanos hai máis de dous mil anos. Se ten tempo, o achegamento ao o Centro de Interpretación e o xardín das Burgas para aprender un pouco máis sobre a historia da zona.

A estación termal das Burgas só pecha os luns e é de acceso gratuíto. Está aberta de 10 a 13.00 h e de 17 a 21.00 h.

Desde a Praza Maior podedes tomar o tren das termas e achegarvos ata a ribeira termal do Miño. Ide con tempo que aqui haiche moito que facer! Ao longo dos moitos quilómetros de senda verde dispoñibles para pasear con calma atoparedes distintas propostas termais para escoller. Non vos perdades os espazos termais a ceo aberto, Outariz, Burga de Canedo e Chavasqueira piscinas naturais a poucos metros do cauce do Miño rodeadas pola vexetación de ribeira, agora máis verde ca nunca coa chegada da primavera. Desde o mirador da fonte do Tinteiro. Despois dun duro inverno, felizmente os amantes da zona de Muíño da Veiga tamén poden gozar aquí do baño.

Tamén tedes o voso dispor as estacións termais de Outariz e Chavasqueiraonde vos garantimos que gozaredes dunha experiencia única de relaxación con aromas orientais: baños termais fieis á tradición xaponesa do onsen. Se trouxéchedes a maleta chea de stress, aquí poderedes alixeirar o voso equipaxe con baños, masaxes, saunas e tratamentos de beleza. Ollo cos horarios, que nestas dats amplíanse.

Horario das estacións termais para Semana Santa 2015

Termas A Chavasqueira Termas de Outariz
Luns Pechado 10.00 - 23.00 h
Martes 09.00 - 23.30 h Pechado
Mércores 09.00 - 23.30 h 01.00 - 00.00 h
Xoves 09.00 - 01.30 h 09.00 - 01.00 h
Venres 09.00 - 01.30 h 09.00 - 01.00 h
Sábado 09.00 - 02.30 h 09.00 - 01.00 h
Domingo 09.00 - 23.30 h 09.00 - 23.00 h

Recomendámosvos que antes de darvos un baño consultedes os nosos consellos termais para aproveitar ao máximo a experiencia. Polo resto, só vos queda equiparos con sandalias e traxe de baño e mergullarvos nesta xperiencia termal.

E despois? Ourense ten un fermoso centro histórico cheo de boa arquitectura, monumentos e museos. Non marchedes sen antes comer algún pincho na zona dos Viñosprobar os caldos da rexión e, se hai tempo, gozar da vida nocturna, que estes días promete ser animada. En www.turismodeourense.com tedes máis pistas para planificar a viaxe.

Benvid@s

Para confirmar a dispoñibilidade de cada unha das zonas termais eestades atentos á a páxina de estado.