Imagen del autobús promocional de la campaña

20 cidades de España e Portugal e preto dun millón de persoas descubriron Ourense a través desta campaña de promoción turística

O Concello de Ourense da por pechada a campaña de promoción turística “O verán continúa en Ourense” cos obxectivos cumplidos e as expectativas acadadas. A campaña desenvolta nas últimas semanas percorreu unha vintena de cidades de España e Portugal e chegou a un universo potencial dun millón de persoas. Os impactos realizáronse tanto a través da cartelería publicitaria disposta nos aeroportos de Sá Carneiro (Porto), Lavacolla (Santiago de Compostela) e Vigo; como, de xeito directo, mediante o reparto de carteis, trípticos,postais, e a visita ao autobús promocional polo que pasaron preto de 50.000 persoas.

Desde a Concellaría de Termalismo, impulsora da acción co apoio financieiro de Turespaña, valórase tamén positivamente a presenza acadada nos medios de comunicación, prensa, radio, televisión, que fixeron referencia á campaña nos seus espazos informativos e de lecer.

A campaña xurdiu a partir das conclusión do Plan de Marketing Termal, un documento base elaborado para tratar de impulsar o principal recursos económico e turístico da cidade, os cinco millóns de litros de agua termal que aquí manan a diario. O texto fixa como obxectivos básicos e prioritarios, sobre os que despois se elaboraría a campaña, a desestacionalización da actividade termal, facendo de Ourense un destino turístico os 365 días do ano, e máis a súa internacionalización.

A campaña púxose en marcha o día 22 de outubro en Vigo, para percorrer despois Santiago, A Coruña, Astorga, Burgos, Logroño, Pamplona, San Sebastián, Valladolid, Santander, Oviedo, León, Zamora, Salamanca, Cáceres, Lisboa, Porto e Madrid. A ruta foi programada incidindo nunha importante presencia en cidades polas que pasan diversas vías do Camiño de Santiago.

Stand e autobús fan parada en Astorga, León

Stand e autobús fan parada en Astorga, León