mascaranetroido

Tres claves para sobrevivir ao
ENTROIDO
en Ourense

Non se asusten, aínda que a previsión promete que un ano máis o Entroido pasará pola cidade de Burgas con choiva e algo de frio, a diversión está asegurada...ao mal tempo boa cara!
Desde o venres 12 ata o mércores 18, a cidade énchese cor e música para celebrar unha das festas máis tradicionais, o Entroido. Ode Departamento de Cultura do Concello xa ten preparado o seu programa de festividades, que podedes consultar coma sempre na súa páxina web www.ourensecultura.com e que inclúe música, charangas, espectáculo, desfile e festa, sobre todo moita festa. 
Sabedes cal é o segredo dos veciños e veciñas de Ourense para gozar do Entroido e non morrer no intento? Desde os departamentos de Turismo e Termalismo preparamosche unha guía para que, se vés visitarnos, a troula continua non remate contigo e o ano que vén volvas con gañas de máis.

1. COME DABONDO!

Para manter o ritmo entre comparsa e comparsa o mellor é saír a rúa co bandullo cheo. En Entroido en Ourense o porco é o rei de todas as mesas, e del cómense ata as orellas (por partida dobre, primeiro salgadas e despois as doces, unha masa fina fritida e con azucre que só comparte co animal o nome). Varios establecementos da cidade ofrecen gorentosos menú estes días para que non morras coa fame. Ademais, se andas ás présas, hai tamén variedade de pinchos para probar nestas festas: un Don Carnal, moegas de Entroido, etc.

2. DURME POLO MENOS OITO HORAS

Semella imposible, pero non o é. Aínda que a cidade apenas durma estes días, iso non che ten que pasar a ti. Consulta a oferta de hoteis da cidade para atopar o teu refuxo ideal e sentirte coma na casa. E descansa, que boa falla che fai. burgassentroido

3. PONTE A REMOLLO

Se un baño termal sérvelle aos deportistas para evitar as maniotas do día seguinte, non se pode aplicar iso tamén ao baile a festa? Se tes problemas para durmir ou nota que ao teu corpo cómprelle un respiro, non hai nada mellor que un baño quente para relaxar os músculos e a mente, man de santo! Iste, e non outro, é o segredo mellor gardado do Entroido ourensán, como sobrevivir á festa, o baile e o desfile.

Podes descargar aquí a guía completa (Adobe_pdf 711kb, galego) de menús, pinchos e hoteis para gozar do Entroido en Ourense. Agardamos por ti!