Un estudo da Universidade da Coruña descubre novas vías para crear productos naturais terapéuticos e cosméticos a partir das augas termais de Ourense

  • Os microorganismos presentes nos manantiais das Burgas, Muíño da Veiga e Outariz son idóneos para producir peloides: fangos termais terapéuticos para o tratamento de dolencias, rehabilitación ou usos cosméticos.

  • A investigación abre novas vías para a explotación comercial i empresarial de productos derivados das augas de Ourense.

As características das augas termais de Ourense fannas idóneas para a elaboración de productos naturais terapéuticos e cosméticos. Así o demostra un estudo que está a desenvolver a Universidade da Coruña (UDC), centrado en analizar los microorganismos presentes en las aguas de los manantiales ourensanos de As Burgas, Muíño da Veiga y Outariz, con vistas a su aprovechamiento para la producción de peloides; productos naturales con fines terapéuticos y cosméticos.

A investigación, actualmente en desenvolvemento, está dirixida polos profesores de la UDC Rosa Meijide Faílde, de la Facultas de Ciencias de la Salud; Manuel Leira Campos y Enrique Torres Vaamonde, de la Facultad de Ciencias. Sus autores avanzaron las primeras conclusiones del estudio en el marco del congreso de Eco Innovación organizado los días 14 y 15 de mayo por el ayuntamiento de la ciudad. Sus aportaciones estimulan una de las principales conclusiones de estas jornadas: la necesidad de seguir apostando por nuevas vías de puesta en valor de los recursos termales de Ourense.

Peloides termais

Os peloides termais (do grego “Pelòs”, fango) son productos naturais que consisten na mistura dun composto sólido de materias orgánicas e inorgánicas con auga mineiro-medicinal despois dun tempo de maduración, que poden ser aplicados sobre o corpo en forma de cataplasmas, envolturas ou baños con fins terapéuticos e cosméticos. Empréganse como tratamento en enfermedades dexenerativas e inflamatorias do aparato locomotor e enfermedades dermatolóxicas, así como para usos cosméticos.

O estudio realizado expón os resultados obtidos da caracterización e análise biolóxica do biofilm (conxunto de microorganismos) obtido en tres manantiais da cidade: Burgas, Muíño da Veiga e Outariz. Concretamente, o estudo centrouse nas cianobacterias (algas verde-azuladas) e diatomeas (microalgas).

Os autores do estudo conclúen que “a flora algal das augas hipertermais de Ourense é moi rica, presentando un número importante de especies de cianobacterias e microalgas que se desenvolven activamente, formando masas de gran tamaño”. Esta abundancia de flora nas augas termais supón un “enorme potencial, xa que permite o desenvolvemento de novos productos cosméticos e terapéuticos completamente naturais”, apostando pola conveniencia de “investigar a posible formación de compostos terapeúticos activos”.

Os investigadores propóñense agora continuar o estudo realizando un cultivo de microorganismos e aillando os compostos con capacidade bioactiva para o monitoreo dos seus efectos e, finalmente, realizar un estudo piloto de obtención de peloides madurados de xeito controlada con auga termal de Ourense.