Imagen del Foro de Inversores en Ourense




Ourense da a coñecer os seus proxectos de desenvolvemento turístico-termal a inversores de España e o estranxeiro

Máis dun centenar de profesionais participaron no primeiro Foro de Inversores de Ourense, organizado co apoio de Turespaña

O posicionamiento e consolidación de Ourense coma un destino termal de primeira liña pasa estos días pola captación de novos inversores nacionais e internacionais que contribúan ao desenvolvemento de novas infraestruturas na cidade. Ao longo do pasado mes de xaneiro, a cidade celebrou o primeiro Foro de Inversores “Ourense, Capital Termal”, unha iniciativa do Concello organizada co apoio de Turespaña que serviu para dar a coñecer os recursos e potenciais de Ourense como destino turístico-termal , posibilitando a concreción de novos proxectos empresariais e de investimento privado. Máis dun centenar de profesionais de distintas áreas participaron neste encontro que se desenvolveu en dúas fases, a cabalo entre Madrid e a propia cidade das Burgas.

Este primeiro foro de inversores arrancaba os días 17 e 18 de xaneiro en Ourense, onde se deron cita máis de cincuenta profesionais para coñecer de primeira man os recursos e instalacións existentes na cidade. O Liceo de Ourense acolleu ademais varias reunións de traballo onde se presentaron algunhas das propostas contempladas no novo planeamento urbán para a implementación de proxectos privado no campo do termalismo (coma, por exemplo, os vencellados á zona BIC das Burgas) así como elementos que puideran ser considerados incentivos ao investimento. Entre outros, presentárnse as propostas da nova estación intermodal da liña AVE a Madrid e as axudas financieiras ao desenvolvemento empresarial contempladas no Plan IMPULSA do goberno autonómico.

Foro de Inversores en Madrid

Imaxe dunha das sesión do foro no Hotel Preciados, Madrid

Nunha segunda fase, os organizadores trasladaron o Foro a Madrid, coincidindo con FITUR 2013. Ademáis das diferentes actividades que se desenvolveron na propia feira, o Concello convocou un segundo encontro con inversores e prensa especializada nas instalacións do hotel Preciados, en pleno centro da capital española. Representantes institucionais realizaron unha completa presentación da cidade ante os asistentes cubrindo diferentes aspectos: oferta turística e de aloxamento, recursos termais e planeamento urbanístico para o desenvolvemento de novas instalacións. A mellor carta de presentación da cidade foi a proxección do vídeo “Ourense, un proxecto de futuro”, onde se recollen con detalle as diferentes oportunidades de negocio que Ourense ofrece como destino turístico termal único na Península.

Coñecer as necesidades do sector

Este primeiro foro de inversores serviu para descubrir aos participantes os atractivos e posibilidades dunha cidade, Ourense, cuns recursos termais só superados en número en Europa por Budapest. Máis tamén actuou como ferramenta de traballo para facilitar o diálogo entre sector público e privado. Cada unha das sesións de traballo contemplou un tempo para coloquio onde os participantes plantezaron as súas dúbidas, impresións e necesidades de cara ao desenvolvemento de futuros proxectos, coincidindo de forma xeral en salientar “o inmenso atractivo de Ourense, que aporta o seu termalismo como feito diferencial” e loar “a unanimidade dos diferentes níveis da administración no seu apoio á capitalidade termal da cidade”. Enquisas, coloquios, i entrevistas personais serviron para enriquecer a folla de ruta que guiará o desenvolvemento termal da cidade a corto, medio e longo prazo.



slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Eres usuari@ rexistrado?

Ver máis información sobre o grupo de traballo "Foro de Inversores Ourense"