Aberto o prazo de presentación de traballos no Forum Internacional de Innovación sobre a Auga que convoca a Universidade de Vigo

A Universidade de Vigo está xa a traballar no programa de actividades da primeira Semana do Campus da Agua, que se celebrará en Ourense do 17 ao 22 de marzo. A iniciativa busca contribuír á visibilidade do Campus del Agua, un proxecto de excelencia internacional desta institutición universitaria que aposta pola especialización interdisciplinar ao redor da cultura da auga e o termalismo. No marco destas xornadas o Campus celebra o primeiro Forum Internacional de Innovación sobre a Agua, unha proposta chamada a difundir e celebrar diferentes experiencias e visións anovadoras vencelladas a líquido elemento.

O prazo de presentación de traballos xa está aberto e diríxese especialmente ao profesorado e alumnos de todos os niveis educativos. O campo das presentacións é plural, tendo cabida tanto comunicacións científicas como creacións artísticas, estudos humanísticos, xurídicos, económicos etc. Os traballos inscritos publicaránse online a través da plataforma do Campus da Auga e tamén serán presentados de xeito presencial ao longo do mes de marzo. A data límite de envío é o 1 de marzo de 2014.


Pódese descargas bases para a presentación de traballos en Foruminnovacion.org