O pasado día 5 de decembro despedíamos á delegación de formadores do SENA, o Servizo Nacional de Aprendizaxe de Colombia, que compartiron con nós en Ourense 5 días intensivos de coñecementos i experiencias ao redor das augas termales, grazas a unha iniciativa desenvolvida polo Concello de Ourense e a Universidade de Vigo – Campus da Auga.

Agardamos que esta sexa só a primeira das propostas de colaboración e intercambio a desenvolver dentro do Memorando de Mutuo Entendemento suscrito entre a administración local e o Ministerio de Comercio, Industria e Turismo da República de Colombia.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes de cómo foron estas primeiras Xornadas de Termalismo:Patrimonio, Turismo, Saúde e Benestar.

slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image