Invierno en Outariz Inverno, inverno, inverno ... abríguense, que chega o inverno!

Agora que os días son máis curtos, máis fríos e. sobre todo agora no outono, máis chuviosos, en Ourense non nos acovardamos e seguimos a gozar ao máximo das nosa augas termais... e é que cun pouquiño de frío, non apetece maís un baño quente?

Así que xa o sabedes, estes días lle prantamos "ao mal tempo boa cara"; poñedevos os vosos traxes de baño, equipádevos con toalla e sandalias e a gozar da auga: como sempre vos lembramos, o verán continúa en Ourense.

Como de costume, coa nova tempada actualizamos os horarios das nosas instalacións; revisádeos ben para non perder detalle.orario Invierno Chavasqueira

Estación termal de Outariz

  • Luns, mércores e xoves De 10:00 a 23: 00 h.
  • Martes: pechado por mantemento.
  • Venres e sábado: de 10:00 a 01:00 h.
  • Domingo: 10:00 a 23:00 h.

    Estación termal da Chavasqueira

  • Luns: pechado por mantemento.
  • Martes, mércores, xoves e domingos: De 09:00 a 23:30 h.
  • Venres: De 09:00 a 01:30 h.
  • Sábado: De 09:00 a 02:30 h.

Zonas termais do río Miño

A partir de setembro, ao igual que en anos anteriores,haberá atención ao público de 09:00 21:00 h.

Estación termal das Burgas

  • De martes a domingo: De 10:00 a 13:00 h.e de 17:00 a 21:00 h.
  • Luns pechado por mantemento.