Ourense acolle un congreso científico internacional que aborde a xestión e usos das augas mineiro-medicinais e termais desde unha perspectiva medicinales multidisciplinar

Celebraráse os días 23 e 24 de setembro coincidindo con Termatalia 2014

O Campus da Auga, o proxecto de especialización e excelencia internacional desenvolvido polo Campus de Ourense-Universidade de Vigo, avanza xa os primeiros detalles de programa e participantes do congreso científico adicado á auga que acollerá a cidade das Burgas no vindeiro mes de setembro. O evento, que a Universidade organiza xunto co Concello de Ourense e en colaboración con Expourense e a Deputación Provincial, terá lugar os días 23 e 24 de setembro, no marco de Termatalia 2015, a feira internacional de turismo termal e de benestar que este ano volverá celebrarse en Ourense, despois do seu paso por Arxentina na pasada edición de 2014.

O simposio, deseñado cunha clara vontade internacional e que reunirá na cidade a expertos de diversos puntos do planeta, achégase a sector das augas mineiro-medicinais e termais desde unha perspectiva amplia e multidisciplinar, organizando distintas sesións temáticas que tratarán distintos aspectos: a caracterización físico-química do recurso, marco xurídico, aplicacións enerxéticas, balneaoterapia e hidroloxía médica, etc.

Xa se atopa dispoñible para consulta a páxina web do congreso, onde se pode ampliar información: http://cidat.webs.uvigo.es/index.html
auga