A EHTTA presenta o programa SOURCE como exempro de boas prácticas na posta en valor dos Itinerarios Culturais Europeos

A Asociación Europea de Cidades Termais Históricas – a EHTTA – participou na primeira das sesións de control do proxecto CERTESS, unha iniciativa liderada polo Instituto Europeo de Rutas Culturais para o intercambio e posta en común de boas prácticas a prol do desenvolvemento sostible e a correcta xestión destes Itinerarios. O CERTESS é un proxecto desenvolvido no marco do programa INTERREG VI e financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Nel participan 12 socios de dez países europeos diferentes.

EHTTA_no_CERTESS

O delegado xeral da EHTTA, Michel Thomas Penette, nun momento da presentación.

A EHTTA, entidade europea de que a Ourense é membro fundador, é a encargada de xestionar o Itinerario Cultural Europeo de Cidades e Patrimonio Termal, recoñecido en 2010. Foi convidada a participar nesta sesión de traballo para presentar o funcionamento da rede neste último período, facendo especial enfase no proxecto plurianual SOURCE. O proxecto SOURCES, “Fontes de Inspiración: os Cafés de Europa”, é unha iniciativa desenvolvida a abeiro do programa CULTURE da Comisión Europea chamada a reinvindicar e redefinir o patrimonio artístico e cultural das grandes capitais termais do continente europeo. En Ourense isto traduciuse, o pasado mes de setembro, na organización dun congreso internacional ao redor do lema “Augas, Peregrinacións, Espiritualidade”, e no que se abordaron a historia do culto as augas e o papel destas nos grandes camiños de peregrinación

O Instituto Europeo de Itinerarios Culturais define esta figura como ” trazos históricos que interconectan varian rexións organizandoas ao redor de temas hostóricos, artísticos ou sociais de probado carácter europeo, tanto pola dimensión xeográfixa da ruta como polo seu contido e significados”. Ante o amplio da definición, o Instituto detectou a necesidade de establecer metodoloxías e ferramentas de goberno que axudarán as rexións implicadas a implementar a Ruta e traducila en beneficios locais en materia de desenvolvemento turístico, cultural e social. Este é o xérmolo da iniciativa CERTESS, que botou a andar en maio de 2012 cunha apretada axenda de reunións na que os participantes identificaran elementos de interese. Ata o de agora máis de 30 boas prácticas foron estudadas e organizadas tematicamente, a ao redor dun centenar de ferramentas de gobernanza foron compiladas. Esta grande cantidade de datos servirá agora para elabor unha decena de Plans de Acción para os Itinerarios Culturais susceptíbeis de seren aplicados.

CERTESS_Tutoring_Session_EHTTA

Foto de familia

Convidada polo Instituto, a EHTTA participou activamente na primeira das sesións de control organizadas para este 2014 que se celebrou entre os días 22 e 24 de xaneiro en Luxemburgo. Ante membros do CERTESS e responsábeis dalgúns dos Itinerarios máis salientábeis do continente, presentáronse as principais accións enmarcadas na Ruta nos dous últimos anos. O delegado xeral da EHTTA, Michel Thomas Penette, foi o encargado de facer a presentación, abordando non só as actividades contempladas no proxecto SOURCES senón tamén as labores de coordinación, xestión e dinamización que require o bo devir dunha asociación única a nivel europeo integrada por de 24 membros de once países diferentes.