Un novo espazo virtual para coñecer as cidades termais de Europa desde outras olladas

A web «Cidades e Auga» reúne nunha única plataforma o resultado de dous anos de traballo dentro do proxecto europeo SOURCE

Coincidindo coas celebracións do Día Internacional da Agua, o 22 de marzo, o equipo internacional do proxecto europeo SOURCE: «Fontes de Cultura, os Cafés de Europa» lanza ao público a web «Cidades e Auga», unha plataforma webdocumental onde vídeo, fotografías, ilustración e demáis recursos xuntanse para ofrecer novas olladas sobre as cidades termais de Europa. En concreto, o sito reúne o traballo desenvolvido ao longo dos dou anos de vida do proxecto, no que particparon as cidades de Royat-Chamalieres, Vichy e Enghien-les-Bains (Francia), Acqui Terme e Fiuggi (Italia), Spa (Bélxica), Bath (Reino Unido), Baden-Baden (Alemaña) e, por suposto, Ourense.

O sitio «Cidades e Agua» pon a disposición do visitante a colección de vídeos gravados pola documentalista Marie Thomas-Penette en diálogo coas fotografías do artista Loiez Deniel, acompañados polos distintos «Diarios de Viaxe» elaborados por diferentes ilustradores europeos, en cuxas páxinas retrataron as cidades participantes e cada un dos Cafés de Europa que alí se celebraron. Como guías e introductores dos diferentes materiais figuran os protagonistas da novela Nas fontes de Europa, un texto interactivo elaborado ao longo destes dous anos combinando redes sociais, blogs, imaxes, sons, etc.

personajesnovela

Esta web interactiva convida a descubrir as cidades representadas dun xeito diferente e orixinal, ao tempo que explora as súas múltiples identidades (as cidades históricas, as cidades verdes, as cidades invisíbeis…) e estar ao día dos eventos e propostas culturais e de lecer para así planificar mellor futuros viaxes. Ademais, nela, ficción e realidade danse a mans a través das propias personaxes (ficticias, mais inspiradas en persoeiros históricos), creando novos relatos que contan historias inesperadas, moito máis alá do que poderiamos atopan en calquera guía ou portal turístico.

O proxecto SOURCE é unha iniciativa desenvolvida no marco do programa CULTURA 2007-2013 da Comisión europea.

No deixedes de visitar aa "Cidades e auga" web para descubrila en primeira persoa.




Se o preferides, tamén podedes visitar a canle de vídeo en Vimeo

.