Vimos de lanzar estas novas audioguías para que poidas descubrir a cidade de Ourense dun xeito diferente e ameno. Desde esta páxina podes escoitar cada unha das miniguías online ou ben descargalas no teu dispositivo. Desfrútaas!

1) VIVE E SENTE OURENSE 1-Vive e sente Ourense

Ler texto

Ourense foi desde as súas orixes famosa polas súas augas quentes, moi apreciadas polos romanos que se asentaron neste val fai case dous mil anos. Hoxe é un referente termal en Europa, cun caudal que supera os 4 millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal. A súa testemuña máis antiga e mellor coñecida son as fontes das Burgas, no corazón da cidade; mananciais de auga a 67ºC cuxas fontes neoclásicas, conviven agora cunha moderna piscina termal ao aire libre . O entorno foi transformado nun xardín bulevar onde se localiza o Centro de Interpretación Arqueolóxica que acolle os restos encontrados na zona, destacando as ruínas dunha piscina termal do s.I d.C. A oferta termal ourensá completase co complexo natural das marxes do Miño, onde se atopan tres áreas de baño públicas de uso gratuíto así coma dúas estacións termais de xestión privada.

A historia de Ourense deixase sentir tamén no seu Casco Histórico, con mostras de arquitectura medieval, barroca e modernista en casas señoriais, balconadas, fontes, e soportais que se agochan nun labirinto de rúas e prazas empedradas de inmensa beleza. Alberga multitude de edificios singulares, como a Casa Consistorial, o Pazo de Oca – Valladares, os Museos Municipal e Arqueolóxico ou as Igrexas de Santa María Nai ou Santa Eufemia.

Imprescindible é a Catedral, un templo románico de transición ao gótico do que destaca o Pórtico do Paraíso, tímpano policromado do século XIII inspirado no Pórtico da Gloria de Santiago de Compostela. Ben coñecidos son tamén as pontes que atravesan a cidade, sendo a máis emblemática a Ponte Romana ou Ponte Vella, que aínda conserva trazas das súas orixes.

Na súa faceta máis moderna, Ourense é unha cidade cunha ampla oferta comercial, especialmente no referido a moda e complementos. Berce de grandes firmas, a rúa do Paseo, arteria peonil, é visita obrigada para os amantes das compras.

Non podemos deixar de comentar que Ourense tamén da mostra dunha excelente gastronomía definida pola calidade das súas materias primas e as 4 Denominacións de Orixe vitivinícolas que se dan cita na cidade.

O visitante pode degustar as mellores propostas gastronómicas en miniatura nun paseo pola popular zona dos viños onde se ofertan pinchos e tapas de espírito tradicional xunto con modernas presentacións.

Poden obter máis información na Oficina de Turismo de Ourense nos xardinillos do Padre Feijoó ou no teléfono: 988 36 60 64.

2) OURENSE TERMAL 2-Ourense termal

Ler texto

Ourense é a capital termal de Galicia. Nos últimos anos fíxose un gran esforzo en acondicionar as zonas termais que durante séculos foron usados pola poboación local, creándose zonas ao aire libre e termas semi-pechadas.

O Termalismo é unha tradición intimamente ligada á historia da cidade. Fai xa dous mil anos que os romanos chamaban a esta cidade Aquis Auriensis debido á abundancia de ouro e augas termais. Da afección dos romanos ao termalismo quedan testemuñas documentais no Museo Arqueolóxico e nas escavacións realizadas no entorno das Burgas, o núcleo histórico da cidade. En Ourense hai más de 100 afloramentos de auga termal de gran calidade polas súas propiedades mineiro medicinais e alta temperatura.

A augas termais manan das profundidades da terra e adquiren as súas propiedades minerais do contacto co substrato granítico do subsolo, ao filtrarse polas súas fendas naturais para saír á superficie. Cun caudal que supera os catro millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal e unha tradición hidroterapéutica milenaria, Ourense é a capital termal por excelencia. Segunda cidade de Europa despois de Budapest.

O referente termal ourensán é a piscina das Burgas, en pleno casco histórico, unha oferta que se completa co complexo natural das marxes do Miño, onde se encontran tres áreas de baño públicas de uso gratuíto con servizos de cafetería, vestiarios e aseos, así como dúas estacións termais de xestión privada.

Todas as instalacións termais da marxe dereita do Miño están conectadas mediante un agradable camiño habilitado para o uso peonil e de bicicletas, rodeado de arbores e con accesos directos ás zonas de baño. O paseo peonil bordea tamén a marxe esquerda do Miño nun recorrido de 20 quilómetros idóneo para a práctica de footing, sendeirismo…

Á zona termal tamén se pode acceder no Tren das Termas, que realiza varias viaxes ao día entre a Praza Maior de Ourense e Outariz, con paradas en cada unha das instalacións.

O uso termal en Ourense ademais das súas propiedades minerais teñen un carácter lúdico e de relaxación que atrae a xente de todas as idades.

3)AS BURGAS. TERMALISMO HISTÓRICO 3-As Burgas. Termalismo histórico

Ler texto

Ourense foi desde as súas orixes famosa polas súas augas quentes, moi apreciadas polos romanos que se asentaron neste val fai case dous mil anos. Hoxe é un referente termal en Europa, cun caudal que supera os 4 millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal e unha tradición hidroterapéutica milenaria.

A súa testemuña máis antiga e mellor coñecida é a propia fonte monumental das Burgas con mananciais de auga a 67ºC . A súa silueta neoclásica de tres canos é o símbolo da cidade que convive agora cunha moderna estación termal dotada de piscina ao aire libre de máis de 200 metros cadrados, sauna e terraza.

A piscina inaugurada en 2010, tratase dunha instalación alimentada co manancial das Burgas, unha resurxencia da que manan ininterrompidamente máis de 300 litros de auga por minuto a 67ºC. O deseño desta instalación, unha piscina termal ao aire libre, foi obra do arquitecto César Portela e é única na Península pola súa integración no entorno urbano. As augas, a 38ºC son bicabornatadas sódicas, e ademais das súas propiedades relaxantes, están indicadas para afeccións de dermatose e reumatismos.

O entorno das Burgas converteuse na primeira gran zona verde do Casco Histórico, un xardín bulevar onde se localiza o Centro de Interpretación Arqueolóxica, un museo ao aire libre onde se conservan e exhiben os vestixios da historia da cidade encontrados na zona, destacando unha terma romana do século I d.C.

4) ESTACIÓN TERMAL DE OUTARIZ 4-Estación Termal de Outariz

Ler texto

A estación termal de Outariz está inspirada na cultura zen e o termalismo xaponés, un lugar de paz e tranquilidade Ocupa unha parcela de 400 m2 integrada na natureza xunto ao río Miño e conta cunha ampla oferta hidroterapéutica, terraza e restaurante. O circuíto termal componse de ofuros ou zonas de baño a diferentes temperaturas, cunha zona cuberta e unha ao aire libre que se usan durante todo o ano. As súas augas están especialmente indicadas para o tratamento de reuma, artrite e afeccións da pel.

Unhas innovadoras instalacións de pago con prezos moi accesibles nas que se pode gozar dunhas horas de relaxación e de servizos como masaxes de estética; bañeiras, toneis e ofuros de madeira ou tratamentos individualizados de algas, lodos e chocolaterapia.

5) ESTACIÓN TERMAL DE LA CHAVASQUEIRA 5-Estación Termal da Chavasqueira

Ler texto

A estación Termal da Chavasqueira é unha instalación de xestión privada a prezos accesibles. Situada nas marxes do Miño, anexa á zona de baño pública, a súa arquitectura é de marcada inspiración xaponesa. O seu catálogo de servizos inclúe masaxes en cadeira sueca, ou masaxe parcial ou completo de relaxación en padiola xunto con sauna xaponesa de pedra e madeira a 45 ºC e 85% de humidade.

O circuíto termal sigue as directrices da filosofía ZEN: Rotemburo: combinación das tres piscinas termais de pedra ao aire libre con auga a 41 ºC. Ofuro: baño interior de pedra a 39 ºC. Tsumetai: piscina de auga fría para choque térmico.
As súas augas están indicadas para o tratamento de reuma, artrite e afeccións da pel así como para trastornos hepatodixestivos do metabolismo e vías urinarias.

6)TERMAS DE OUTARIZ E BURGA DE CANEDO 6-Termas de Outariz – Burgas de Canedo

Ler texto

As Termas de Outariz e as Burgas de Canedo son dous conxuntos de piscinas termais a ceo aberto situadas nunha gran área recreativa axardinada na marxe dereita do río Miño e conectadas coa outra beira por unha pasarela peonil.

Na área recreativa, unha coidada zona verde, hai dous grupos de piscinas: as “Pozas de Outariz”, con piscina de auga fría e tres de auga quente, e as “Burgas de Canedo”, con piscina de auga fría e tres piscinas dobres de auga quente.

Tratase de augas de mineralización débil, indicadas para afeccións reumáticas e do aparato locomotor, que manan en varios puntos entre as fracturas da rocha granítica, cunha temperatura de 60ºC .

Zona wifi que conta ademais de con vestiarios, duchas, aseos e armarios, con servizo de cafetería – restaurante e punto de información turística e atención ao bañista, onde é posible adquirir/alugar material para o baño (toallas, traxes de baño…) e préstamo de bicicletas.

A só 3.700 metros de Outariz atópase o Camping municipal de Untes, cunha completa oferta de acampada e bungalows, e totalmente adaptado para persoas con mobilidade reducida.

7) ZONA TERMAL DA CHAVASQUEIRA 7-Termas da Chavasqueira

Ler texto

As termas da Chavasqueira son un conxunto de pequenas piscinas termais ao aire libre de acceso libre e gratuíto situadas nas marxes fluviais do Miño, nun entorno axardinado.

Coñecidas desde antigo como “Caldas do Bispo” polo clérigo que as mandou acondicionar e moi intimamente ligadas ao xa desaparecido Balneario das Caldas, este conxunto de pozas a ceo aberto están alimentadas por un manancial, cuxas augas de mineralización débil, son hipertermais, e aptas para o tratamento de secuelas post-traumáticas ou post-quirúrxicas.

8) ZONA TERMAL DE MUIÑO DA VEIGA 8-Termas do Muiño da Veiga

Ler texto

As termas do Muíño da Veiga, de acceso libre e gratuíto, están situadas case no propio río Miño, tratase dun conxunto de catro piscinas termais ao aire libre ao lado dun antigo muíño de madeira completamente restaurado, de onde provén o seu nome.

Estas pozas atópanse na zona de Quintela de Canedo a 500 m. da área termal de Outariz. O espazo conta cunha poza principal de 200 m2, unha segunda de 130 m2 e outras dúas de 55 e 45 m2 ao lado dun muíño rehabilitado.

Unha das curiosidades do Muíño da Veiga é que esta surxencia catalogada recentemente no mapa hidrolóxico da cidade mantén un caudal de 4 litros por segundo e a súa temperatura natural de 69,2ºC, convértena na temperatura máis alta de todo o Estado en estas condicións.

A zona dispón de aseos, armarios, vestiarios, Wifi e zona de aparcamento.

As súas augas son de mineralización débil, indicadas para afeccións de dermatose e artrose.

9) FONTE DO TINTEIRO 9-Fonte do Tinteiro

Ler texto

A fonte do Tinteiro é moi popular na cidade polas súas propiedades beneficiosas. Tratase dunha fonte de auga termal que se atopa nun miradoiro sobre o río Miño dotado tamén de pediluvios e piscinas. De aceso libre e gratuíto accedese a el polo paseo peonil que une toda a ruta termal do Miño.


Queres máis audioguías? Descubre o Ourense Monumental


Problemas? Aquí tes unha versión para dispositivos móbiles.