Logo_con_Eixo

Cultura gallega y portuguesa se dan cita en Ourense



A cidade de Ourense resultou elixida polo ente de cooperación transfronteiriza Eixo Atlántico como Capital Cultural para o ano 2014. Trátase da primeira localidade galega que acada este título, que en anos anteriores receiu nas cidades portuguesas de Vila Nova de Gaia e Viana do Castelo. Durante os meses de maio e xuño a cidade convértese nun auténtico fervedoiro cultural, con decenas de propostas desenvolvidas polo Concello de Ourense en estreita colaboración con distintos axentes culturais cívicos: música, exposicións, festas tradicionais, propostas de vangarda…O broche a estas celebracións coincidirá coa quincena final de xuño, cando Ourense celebra as súas Festas Maiores.

Detrás do ambicioso programa presentado para estas datas, e no que cómpre salientar a súa pluralidade, subxace un modelo de cidade onde a cultura cobra de novo protagonismo económico. Lonxe de ser considerada un “ben de luxo” a cultura debe ser entendida coma un importante motor de actividade económica e creación de emprego. Establecer lazos de cooperación con outros núcleos de poboación, cidades de Galicia e Portugal que se atopan nun radio de apenas dez quilómetros, favorece o desenvolvemento desta idea, tecendo unha rede cultural sólida e tamén sostible.

Só con botar unha ollada ao programa de propostas, estamos seguros de que moitos de vós atoparedes
mil e unha razóns para visitarnos estes días…e iso sen contar o noso paraíso termal.

Pode descargar o programa completo de actividades do seguinte conexión (Adobe_pdf 3,68M)