OK_MG_5054

Poboación: 108.002 habitantes Superficie: 85,2 km2 Altitude: 148 m.snm

Localizada no val que forman os ríos Miño e Barbaña, Ourense naceu como asentamento romano ao redor das súas augas termais e a abundancia de ouro da cunca fluvial. Cunha traxectoria marcada polo comercio e a actividade cultural, Ourense é hoxe unha cidade moderna, dinámica e hospitalaria construida sobre auga e pedras con máis de 2.000 anos de historia. A súa tradición turística termal está avaliada por unha produción diaria de máis de cinco millóns de litros de auga mineiro medicinal da que xa gozaban os seus primeiros poboadores romanos. Hoxe esta tradición reinvéntanse ao combinar estas augas coa excelente gastronomía da zona, a súa cultura, are, patrimonio, as festas, o comercio, e unha ampla oferta de ocio, dando lugar a un destino turístico diferente e de calidade, único na Península. A cidade é, ademáis, o referente urbano da Galicia interior; o punto de partida perfecto para coñecer as terras desta provincia, un auténtico prodixio de paisaxe, historia e natureza.

Achegarse á Capital Termal de Galicia é descubrir….

slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Descubre a cidade cos nosos paquetes especiais en Vive Ourense


Planifica a túa viaxe en www.turismodeourense.com