ASOCIACIÓN EUROPEA DE CIDADES HISTÓRICAS TERMAIS

En decembro de 2009 Ourense convertiuse nunha das seis cidades fundadoras da Asociación Europea de Ciudades Termais Históricas. Constitúese así a EHTTA (European Historic Thermal Towns Association, en inglés) como primeiro e único órgano europeo que aglutina as cidades con patrimonio termal; unidas na defensa, salvagarda e posta en valor dos seus recursos ante a Unión Europea e o resto do mundo. A EHTTA, asociación europea permanente sen ánimo de lucro, establece como o seu obxectivo principal «a constitución firme dunha rede de vilas de recoñecida tradición termal e patrimonio que permita impulsar e salvagardar o termalismo, incidindo tamén na definición de políticas de promoción e realce creativas e innovadoras».

Na actualidade, a EHTTA conta xa con preto de 40 membro adheridos a esta rede que contribúe á construción de Europa a través dun nexo común, a auga. As orixes e historia termal destas cidades oriéntase agora á industria turística, nunha aposta polo desenvolvemento económico e a sustentabilidade. Un turismo sustentable que remite á natureza, a cultura e ao ritmo pausado: un sector emerxente cuxa promoción e desenvolvemento é a razón de ser desta rede comunitaria

Usuarios Activos

Associates