Stand Coruña 1


Ourense presente na XX Feira de Mostras da Coruña

O Concello de Ourense repite este ano participación na Feira de Mostras e Autónomos da Coruña, unha cita que cumple xa vinte edicións. Do 4 ao 8 de decembro, Expocoruña acolleu este encontro multisectorial no que participaron unhas 240 empresas e institucións de toda Galicia. A cidade de Ourense contou cun stand propio onde se deu a coñecer no só a amplia oferta termal da cidade, a súa mellor carta de presentación, senón tamén as diferentes propostas en materia de urbanismo – Ourense expón estes días o seu recén estreado PXOM – e promoción económica, todo recollido baixo o lema “Ourense, Pórtico do Paraíso Termal”.

Este encontro entre profesionais de diferentes sectores está aberto ao público en xeral. Foi deseñado como un espazo destinado a ofrecer productor ao consumidor final, proxectando a imaxe de marca das distintas firmas. O pasado ano FEMAGA rexistrou máis de 80.000 visistantes e se agarda que este ano, coincidindo coa ponte da Constitución, a cifra se repita, nunha edición que ademais – e segundo apuntan desde a organización – creceu un 330% en superficie de expositores , ata 33.000 metros cadrados.


Stand Coru 2
Stand Coru 3