O Concello promociona Ourense como destino termal na Feira do Libro da Coruña

Ourense se promociona en A Coruña

O Conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vázquez Abad, e o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, visitan o expositor do Concello de Ourense

As termas do Muíño da Veiga, unhas das máis populares das marxes ourensáns do río Miño,transládanse por uns días aos Xardíns Méndez Núñez da Coruña. A cidade celebra entre os días 1 e 11 de agosto súa feira do libro, que este ano conta tamén coa participación da cidade de Ourense, cun stand instalado no recinto desde o que promocionar a cidade de Burgas como destino termal. O expositor, de forma circular, reproduce no seu itnerior unha panorámica de case 360º das Termas do Muíño da Veiga, mentras que no exterior pode lerse o lema da campaña promocional da cidade "O verán continúa en Ourense", unha chamada á desestacionalización do turismo. I é que en Ourense, coa súa produción diaria de máis de 3 millóns de litros de auga termal, o frío e a choiva non son excusas para esquecer a toalla e a roupa de baño, xa que aquí podemos gozar dun pode gozar dun baño nas termas en calquera época do ano.

A Feira do Libro, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, acada este ano a súa edición nçumero 42, coincidindo ademais coas festas maiores da Coruña. Está considerado unha das feiras máis importantes de España e agárdase que durante estes días pasen por ela máis dun millón de persoas.

A feira estará aberta de do 1 ao 11 de agosto en horario de 11:00-14:00 e de 18:00 h a 22:00 horas.