portada evento 4



«Augas, Peregrinacións, Espiritualidade»

Unha historia da hospitalidade ao redor dos mananciais de Europa

Segundo Café de Europa – 19 de setembro – Liceo de Ourense

O Concello de Ourense atópase mergullado xa de pleno nos preparativos do segundo dos Cafés de Europa contemplados no proxecto comunitario SOURCE. O evento, programado para o vindeiro 19 de setembro, levará por titulo «Augas, Peregrinacións, Espiritualidade»; tres conceptos para abordar a identidade das cidades termais europeas hoxe desde novas perspectivas, redefinindo un novo termalismo para o século XXI.

A través dunha serie de conferencias e debates, este encontro internacional pretende explorar as nosas relacións coa agua, antigo elemento de culto pero tamén instrumento para sanar o corpo e a mente. O evento organízase en tres blocos temáticos onde ponentes de distintos lugares de Europa farán un percorrido pola historia do termalismo, desde a Antigüedade clásica até os novos retos que presenta o futuro próximo. O debate abordará ademáis a presenza das cidades termais nas grandes vías de peregrinaxe europeas; os Camiños de Santiago e a Vía Francíxena, aproveitando a proximidade de Ourense a Santiago de Compostela: un lugar que xa desde a Idade Media é parada obrigatoria para os peregrinos dos Camiños Portugués e Mozárabe. LOGO SOURCES _2

Con este evento Ourense súmase á celebración dunha cultura termal común a toda Europa que é o proxecto Source. Coordinado pola Ruta de Cidades Termais do Macizo Central Francés y la Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA), entidade da que Ourense é membro fundador, a iniciativa desenvólvese enmarca no programa europeo Culture 2007-2013 de proxectos para a cooperación cultural internacional. Entre maio de 2013 e abril de 2015 celebraránse até oito Cafés en diferentes cidades europeas, encontros e conferencias nos que se discutirá cómo deben as capitais termais de Europa facer fronte aos nosos desafíos que presenta o panorama actual.

Ourense celebrará o seu Café de Europa o día 19 de septiembre a partir das 16:00 horas no Liceo de Ourense (R/Lamas Carvajal, 5). A asistencia ao evento é gratuíta i está aberta a calquer persoa que queira afondar nas roixes e futuro desta cultura común compartida polas cidades termais europeas.

O Café actuará tamén como antesala de Termatalia, a feira internacional de turismo termal e bienestar que se celebrará do 20 ao 22 de setembro na cidade.



Para máis información:

Concellaría de Termalismo do Concello de Ourense

34 988 388108

termal@ourense.es / termalismo@ourense.es

Ver outras noticias sobre o proxecto Orixe