slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Se a cidade de Ourense ostenta o título de Capital Termal de Galicia, é xusto lembrar que o territorio que a rodea non queda atrás. A provincia é a que conta con máis surxencias miñeiromedicinais catalogadas en toda Galicia, con oito balnearios en activo e novas instalacións proxectadas. Pero ademais, Ourense, desde a súa encrucillada entre os ríos Miño e Barbaña domina un territorio marcado pola beleza dos seus paisaxes.

O veciño río Sil traza os espectaculares cañóns da Ribeira Sacra, denominación de orixe vinícola onde ademais de natureza atopamos monumentais mosteiros románicos como o de San Estebo de Ribas de Sil, hoxe parador nacional. O val do Ribeiro é tamén cuna dun dos viños de máis sona en España e a sua capital, Ribadavia é un núcleo histórico singular con castelo medieval e xudería. O río Avia rega este val onde tamén se atopan as vilas termais de Arnoia, e Cortegada, con sendos balnearios.

A zona do Carballiño, ao abeiro do río Arenteiro, é tamén de intensa actividade termal, e nela érguense dous balnearios, o da propia vila e do Caldas de Partovia, este último o máis antigo de Galicia.

Os amantes das compras teñen visita obrigada en Allariz, centro de producción textil e un exemplo de rehabilitación arquitectónica de núcleos rurais onde desfrutar do seu luxoso spa. Ao sur esténdese Celanova, vila de poetas, e a súa veciña Vilanova dos Infantes, con torre medieval rodeada polas lendas. Continuan ao sur as terras de Verín, Monterrei e a Baixa Limia, cada vez máis preto da veciña Portugal, formando na fronteira un territorio coñecido como a Raia.

Descubre máis destinos termais preto de Ourense

Balnearios de Arnoia, Lobios e Laias

Balneario de Baños de Molgas