• slider image
  • slider image
  • slider image
  • slider image
Conxunto de pequenas piscinas naturais ao aire libre adaptadas para o baño cunha temperatura ao redor dos 43ºC. Situadas na ruta termal do río Miño, na súa marxe dereita, é a zona máis próxima ao centro da cidade. O lugar é coñecido desde antigo como «Caldas do Bispo» polo clérigo que as ordeou acondicionar. Trátase dun conxunto termal intimamente ligado ao xa desaparecido balneario das Caldas.

Se queres aproveitar ao máximo esta experiencia non esquezas consultar os nosos consellos para un baño termal.

Indicacións terapéuticas:

Afeccións dermatolóxicas e do aparello locomotor.

Técnicas:

Baño colectivo.

Características das augas:

Augas de mineralización débil hipertermais, litínicas, alcalinas, fluoradas, sulfuradas, silicatadas e lixeiramente radioactivas

Horarios:

Aberto diariamente de 10: 00-20: 00 h

Prezos:

Acceso gratuíto.

Transporte:

Autobuses liñas 26 e 19 (Tren das Termas)
www.urbanosdeourense.com

Servizos:

Vestiarios, aseos, aparcadoiro, aluguer de bicicletas e zona de acceso Wi-Fi.

Enderezo:

Campo da Feira S/N
Coordinadas GPS: 42.346845,-7.87837.

Contacto:

Concellaría de Termalismo. Concello de Ourense
( 34) 988 388 108 / / termalismo@ourense.es

Volver ao listado de termas »