• slider image
  • slider image
  • slider image
  • slider image

Estas instalacións, inauguradas en 2010, dotaron a Ourense da primeira zona de baños termais en pleno centro histórico: unha piscina ao aire libre de máis de 200 m2, con terraza para baños de sol. Polo seu emprazamento privilexiado e a súa integración na contorna urbana é unha instalación única na península, combinando o pracer dun baño termal coa contemplación do Ourense histórico.

A piscina está situada nas inmediacións da Burga de Abaixo, fonte termal emblema da cidade deseñada en estilo neoclásico de mediados do século XIX. Fonte e piscina aliméntanse dunha surxencia de auga mineiro- medicinal da que manan máis de 300 litros de auga por minuto a 67º C.

Se queres aproveitar ao máximo esta experiencia no esquezas consultar os nosos consellos para un baño termal.

Indicacións terapéuticas:

Afeccións dermatolóxicas e do aparello locomotor.

Técnicas:

Baño colectivo, sauna romana (calor húmido).

Características das augas:

Temperatura do baño de 38 ° C. Augas de mineralización media, alcalinas, litínicas, fluoradas, silicitadas e lixeiramente radioactivas.

Horarios:

Luns: pechado por mantemento.
De martes a domingo: de 10.00 a 13.00 e de 17.00 a 21.00 h

Prezos:

Acceso gratuíto.

Transporte:

Todos os autobuses fan parada na zona centro. Aparcadoiro próximo.

Servizos:

Vestiarios, aseos, armarios.

Enderezo:

Rúa das Burgas S/N 32005
GPS: 42.334578, -7,86487

Contacto:

Concellaría de Termalismo. Concello de Ourense
( 34) 988 388 108 // termalismo@ourense.es

Volver ao listado de termas »