• slider image
  • slider image
  • slider image
  • slider image

A Estación Termal de Outariz garda unha estreita relación coa cultura balnearia xaponesa,o Onsen; ata o punto de basear todos os aspectos da súa organización e planificación nesta amplia tradición termal oriental. Respetuoso i en harmonía co medio, pretende ser un lugar de paz e tranquilidade no que gozar dunhas horas de relax e evasión ao alcance de todos.

O recinto termal con capacidade para 180 personas dispón de 11 termas exteriores e 3 interiores organizadas en 2 circuitos; o Zen (de inspiración xaponesa; madeira, pedras e augas calmas) e o Celta (construído en pedra con augas máis axitadas) con rotenburos e ofuros (termas tradicionais xaponesas); jacuzzis; toneis de agua fría, e un grande spa con efectos de corrente, géiser, cascadas, camas, burbullas…

Se queres aproveitar ao máximo esta experiencia non esquezas consultar os nosos consellos para un baño termal


Indicacións terapéuticas:

Afeccións dermatolóxicas e do aparello locomotor.

Técnicas:

Baño colectivo, baño individual, choque térmico, chorros de gravedade, cañóns de agua, saunas, área de losas termais radiantes para relax, tratamentos de estética facial e corporal, tratamentos relaxantes, masaxes e envolturas corporais de algas e barros, chocolaterapia, tratamentos en bañeiras de ofuro xaponés.

Características das augas:

Aguas de mineralización débil, bicarbonatadas, sódicas, fluoradas, lítinicas e sulfuradas, con temperaturas entre 35 e 41ºC.

Horarios:

Luns: 10.00 – 23.00h
Martes: Pechado para mantemento e limpeza
Mércores e xoves: 10.00 – 23.00h
Venres e sábado: 10.00 – 01.00h
Domingo : 10.00 – 23.00h

Prezos:

5,15€
Existe a posibilidade de adquirir abonos mensuais.

Transporte:

Liña de autobús 19 (Tren das Termas)
www.urbanosdeourense.com

Servizos:

Cafetería sushi-bar con terraza mirador, salón de té xaponés, ludoteca infantil, salón de congresos e celebracións, vestiarios, armarios, aseos, aluguer e venta de roupa de baño, toallas e produtos de beleza termais.

Enderezo:

Estación Termal de Outariz. Lugar de Outariz, 32001
Coordenadas GPS: 42.349624,-7.915006

Contacto:

Estación Termal de Outariz.
34 988.36.46.50 // termasoutarizrecepcion@yahoo.es
http://www.termasoutariz.com

Volver ao listado de termas »