• slider image
  • slider image
  • slider image
  • slider image

 

 

Situado en pleno cauce do río Miño, trátase dun conxunto termal ao aire libre ao pé dun antiguo muiño en madeira (unha acea) completamente restaurado, do cal toma o nome. O espazo de baño está rodeado dunha amplia zona recreativa integrada na natureza.

O conxunto está formado por cinco piscinas en pedra: un vaso principal de 200 m2, un segundo de 130 m2 e outros dous máis pequenos de 55 e 45 m2, ademais dun vaso de auga fría para baños de contraste. A auga de baño acada aquí os 40ºC. Todo o recinto está alimentado por varios mananaciais termais con temperaturas de entre 65 e 72ºC, algúns dos máis quentes de toda a Península.

Se queres aproveitar ao máximo esta experiencia non esquezas consultar os nosos consellos para un baño termal



Indicacións terapéuticas:

Afeccións dermatolóxicas e do aparello locomotor.

Técnicas:

Baño colectivo.

Características das augas:

Augas de mineralización débil.

Horarios:

Todos os días. 10.00-20.00 h

Prezos:

Acceso gratuíto.

Transporte:

Autobuses. Liña 19 (Tren das Termas)
www.urbanosdeourense.com

Servizos:

Aseos, vestiarios, zona wifi de balde e aparcadoiro

Enderezo:

Paseo do Tinteiro S/N
Coordenada GPS: 42.3517,-7.910382

Contacto:

Concellaría de Termalismo. Concello de Ourense
34 988 388 108 // termalismo@ourense.es

Volver ao listado de termas »