Termas de Outariz y Burga de Canedo

Trátase da zona termal máis grande da cidade, con múltiples espazos para o baño que se extenden pola marxe dereita do río Miño: dous conxuntos de piscinas termais ao aire libre situadas nunha grande área recreativa axardinada. A zona de Outariz conta cunha piscina de auga fría e tres de auga quente, mentres que na Burga de Canedo conviven unha piscina de auga fría e tres duplas de quente. Unha pasarela peonil conecta a zona de baño coa marxe oposta do río, onde existe unha ampla zona de aparcadoiro.

Se queres aproveitar ao máximo esta experiencia non esquezas consultar os nosos consellos para un baño termal.

Indicacións terapéuticas:

Afeccións dermatolóxicas e do aparato locomotor

Técnicas:

Baño colectivo, baño individual

Características das augas:

Augas de mineralización débil, hipertermais, alcalinas, fluoradas e silicatadas manando en varios puntos entre as fendas da rocha granítica, con caudais de entre 14 e 5 l/s a unha temperatura de 60ºC (38-40ºC para o baño).

Horarios:

Aberto diariamente de 10:00 a 20:00 horas

Prezos:

Uso gratuíto

Transporte:

Autobuses. Liñas 5 e 19 (Tren das Termas)
www.urbanosdeourense.com

Servizos:

Baños, duchas, armarios, aparcamento.,es

Enderezo:

Lugar de Outariz S/N
Coordenadas GPS: 42.347455,­ -7.917642

Contacto:

Concellaría de Termalismo. Concello de Ourense
0034 988 388 108 // termalismo@ourense.es

Volver ao listado de termas »