No ano 2007 Ourense, a Capital Termal de Galicia, aprobaba o seu Plan Estratéxico Termal; un documento de traballo que asegurase o bo aproveitamento dos recursos termais da cidade: máis de 3 millóns de litros diarios de auga mineiro medicinal. Fiel a este texto, o Concello de Ourense traballa día a día no desenvolvemento e promoción das nosas infraestruturas termais, sempre desde o compromiso, transversal a toda acción municipal, de pór en valor este recursos talismán: a auga termal.

Neste contexto, a Concellaría de Termalismo lanzou este sitio web, unha fiestra aberta a toda a oferta termal da cidade que fose atractiva para os visitantes pero tamén un punto de encontro para os profesionais; espazo libre para a publicidade e información de todas as actividades, públicos ou privadas, que se desenvolven ao redor das nosas augas.

Desde o Concello convidámoste a dar un paseo pola web e descubrir esta cidade balneario no norte de España. Se eres un profesional e tes interese en formar parte da plataforma e directorio, escríbenos a termal@ourense.es

Ademais, aquí podes deixarnos unha mensaxe, dúbida ou suxestión. Se o prefires, tamén podes porte en contacto con nós en:

Concellaría de Termalismo do Concello de Ourense

34 988 388108 (F) 34 988 234449

termalismo@ourense.es / termal@ourense.es