slider imageslider imageslider image

O Centro Ganesh León de Actividades para a Saúde organiza para o vindeiro día 28 de abril (domingo) unha sesión completa de Método Wellness que se desenvolverá na Estación Termal de Outariz. A proposta conxuga os beneficios do ioga coas propiedades beneficiosas das augas termais: unha orixinal fusión que, segundo os seu spromotores, multiplica os beneficios desta actividade física dun xeito espectacular, contribuíndo ao equilibrio físico, mental, emocional i enerxético dos que se apuntan a este "ioga termal".

Programa 28 de abril

Consulte a programación completa

Guiados pola profesora Cristina Pérez, as persoas participantes neste encontro poderán gozar dunha xornada completa día (de dez da mañá a oito da tarde) de exercicios "Pranayama" no ambiente zen de Outariz: series de asanas (posturas) que ademais de aportar elasticidade aproveitan as propiedades da auga termal para as articulacións, a pel e sistema muscular, combinadas tamén con exercicios de relaxación, respiración e concentración. O obxectivo final é acadar un estado de auténtico wellness , un concepto de saúde integral, co que se pretende harmonizar corpo. mente e alma. O termo "wellness" é unha derivación das palabras well-being (benestar), fitness (boa forma física) e happiness (felicidade) e describe un estado de equilibrio saudable entre corpo, mente e espírito, un equilibrio que resulta nunha sensación de benestar total.

Esta proposta ofrece unha oportunidade para gozar da riqueza termal de Ourense dun xeito diferente, ao tempo que se trata dunha actividade física con moitos beneficios para o corpo e a mente.

O prezo de toda a sesión (comida e bebida incluidas) é de 50 €. As persoas interesadas poden escribir a ganeshleon@gmail.com ou chamar aos teléfonos 987 214 899 e 693 642 837.

Máis información http://metodowellness.com