Carrusel Burgas 10

A partir do 11 de maio a Estación Termal das Burgas volve abrir as súas portas no corazón do Centro Histórico, despois dunha semana traballos de mantemento e mellora. As instalacións retoman agora a súa actividade mantendo o horario habitual de funcionamento de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 21:00 horas, de martes a domingo. Os luns esta instalación permanece pechada por mantemento.

Xa podes gozar de novo dun baño termal no centro mesmo do Ourense antigo, unha experiencia termal única e inesquecible. Consulta máis información na ficha desta instalación.

Lembre que a través da nosa páxina, pode consultar en calquera momento e por actualizado dispoñibilidade das áreas quentes da cidade.