Entre o 13 e o 28 setembro tivemos a oportunidade en Ourense de achegarnos ao mundo da auga termal desde diferentes perspectivas. Nos "Encontros Termais" organizados desde a Concellaría de Termalismo do Concello de Ourense houbo espazo para conferencias, conversacións ao redor da nosa arquitectura, cine con sabor termal, viaxes no tempo, sorprendentes catas de augas, etc.

Entre as sorpresas que nos depararon estes días, atopamosnos con Manolo HH, do programa de RNE España Vuelta y Vuelta disposto a facer un espectacular directo radiofónico desde o mesmiño Banco de España, coa auga das Burgas como protagonista.

Desde o Concello de Ourense queremos dar as grazas de todo corazón a todas aquelas persoas que co seu traballo fixeron posible estes Encontros Termais 2014. O próximo ano imos repetir!