Ruta Termal do Miño

slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Ruta Termal do Miño

Ao seu paso por Ourense, o río Miño, outrora rico en depósitos de ouro, debuxa unha paisaxe de marxes fluvais frondosos onde as súas augas conviven coas das surxencias termais, nun entorno natural inigualábel a só un poucos pasos do centro da cidade. A Ruta Termal do Miño fórmana cinco quilómetros de senda peonil; un espazo ideal para practicar jogging ou dar longos paseos e que, ademais, concentra até sete instalacións termais onde descansar e relaxarnos mentres gozamos dun baño en plena natureza, sexa inverno ou verán.

A ruta arranca na marxe dereita do Miño, a só uns poucos metros da Ponte do Milenio. Ubícase aquí a zona termal da Chavasqueira, a máis próxima á cidade, onde podemos escoller entre o ambiente de inspiración xaponesa do pequeño balneario da Chavasqueira ou un baño baixo as estrelas nas piscinas exteriores, de uso gratuíto.

O camiño continua até o Tinteiro, unha fonte-mirador moi frecuentada pola veciñanza da cidade, e a zona de Muíño da Veiga, coas súas catro piscinas. Un pouco máis adiante, a Estación Termal de Outariz ofrece tratamentos de beleza, sauna e dous circuitos termais a prezos moi competitivos. Xusto antes de cruzar cara a outra marxe atopamos as piscinas de Outariz e Burga de Canedo, o maior centro de actividade termal en Ourense e, ademais, de uso gratuiíto. Na marxe oposto do Miño, en Reza, continua a ruta polo Paseo das Ninfas, onde atopamos o último espazo termal da zona, a Fonte de Reza.

Descubre máis sobre as diferentes termas

 

Cómo Chegar

mapa termal

En coche:

  • Aparcadoiro do Campo da Feira: Con acceso desde a N-120 e a N-252. (GPS 42.348371 , -7.911563)
  • Aparcadoiro de Muiño da Veiga: Con acceso desde a N-120. (GPS 42.352345 , -7.909932 )
  • Aparcadoiro das Pozas de Maimón: Con acceso desde OU-402. ( GPS 42.348371 , -7.911563 )

En transporte público:

  • Liña 5 Reza-Ceboliño, con parada nas Pozas de Maimón.
  • Liña 19 Tren das Termas, con saídas desde a Praza Maior.
  • Máis información www.urbanosdeourense.com


O uso de cookies

Este sitio usa cookies para que teña a mellor experiencia do usuario. Se continúa a navegar está dando o seu consentimento para a aceptación das cookies anteriormente mencionadas e aceptación do noso política de galletas, Prema na ligazón para máis información.boliñas de extensión

ESTÁ BEN