logoswebitinerario

ITINERARIO CULTURAL EUROPEO DE CIDADES HISTÓRICAS E TERMAIS

Un dos principais logros da EHTTA foi acadar o recoñecemento por parte do Consello de Europa dun Itinerario Cultural Europeo de Cidades e Patrimonio Termal. O distintivo, acadado no ano 2010, xira entorno ao pasado termal das 25 cidades que a integran, recoñecendoo coma un elemento vertebrador e identitario do continente Europa. A historia do termalismo europeo enténdese como motor de crecemento urbano, motivo de inspiración artística e arquitectónica, fonte de benestar e foco de atracción da cultura e o pensamento. Este Itinerario Cultural, no que Ourense é a única representación española, convida a reflexión sobre os elementos que identifican estas cidades como termais, contribúe ao seu coñecemento e posta en valor i é, en definitiva, unha poderosa ferramenta para a promoción turística en Europa e no mundo.

A ruta é un convite para descubrir e repensar unha nova cultura termal apoiada na saúde e no benestar, contribuíndo ademais a cooperación territorial entre as cidades participantes, fornecendo lazos de unión entre elas, así coma o seu desenvolvemento conxunto.



OK_mapa-ehtta