Cartaz Sabores de Ourense

Ourense recibe un ano mais a primavera coas xornadas gastronómicas Sabores de Ourense. Organizadas pola Concellaría de Turismo, convócase unha nova edición do concurso de pinchos e tapas de primavera que se celebrará do 6 ao 19 de maio. 52 establecementos adheríronse á iniciativa, marcando un novo récord de participación, fronte aos 38 do pasado ano. Os participantes competirán por un dos 9 premios disponibles nas tres categorías: xurado profesional, premio da prensa e premio do público.

De novo as zonas termais de Ourense se suman también a esta fiesta gastronómica que contribúe á dinamización do sector hostaleiro da cidade. Fieis á sua ambientación oriental, tanto o complexo de Outariz como A Chavasqueira presentan propostas con marcado sabor xaponés. Na cafetería das Termas Chavasqueira o público poderá desfrutar do seu Temaki de mozzarella e salmón con Sawahh de cítricos mentres que os que se decanten pola Estación Termal de Outariz poderán escoller entre o pincho dePolo yakatori con fideos ou un menú completo coas tradicionais “filloas” xaponesas para a sobremesa;Harumaki recheas de chocolate e plátano.