Os veciños e veciñas da Chavasqueira celebran un ano máis a Semana Cultural de la Chavasqueira, sete días de actividades para festexar un dos barrios máis emblemáticos da cidade, marcado ademais pola súa tradición termal. As actividades prolongaranse do 3 ao 8 de xuño e inclúen conferencias, teatro e deportes.O día grande será o sábado día 8, cando se celebrará a sétima edición da Andaina Termal da Chavasqueira, unha marcha de máis de 5 quilómetros pola ruta termal das marxes do Miño. O pasado ano máis de 500 persoas participaron na proba.

Templete Chavasqueira

Fotografía de “bañistas”no templete da Chavasqueira, un barrio cunha longa tradición termal.

Ademais, as persoas que eses días se acheguen polo bario poderán gozar, o día 5 ás 19:00 h., da obra de de Trécola Teatro As Termas da Chavasqueira, especialmente concibida para a ocasión. Tamén terán a oportunidade de coñecer máis detalles sobre a futura buvette que abrirá as súas portas na zona; unha fonte para a dispensación de auga para bebida.

A iniciativa, unha boa oportunidade para coñecer o Ourense Termal desde a perspectiva dos propios veciños e veciñas, foi presentada polo presidente da asociación veciñal, Amancio Rodríguez, e os concelleiros de Participación Cidadá, María Devesa, e de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero.