slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image

HORARIOS:
De martes a domingo de 10.00 a 14.00 h e de 17.00 a 20.00 h Entrada gratuíta.

Desde que, a comezos do século XIX, se atopara o primeiro dos achados arqueolóxicos, constatando os usos termais romanos, a zona das Burgas ten sido obxecto de numerosas excavacións cuxos descubrimentos poden desfrutarse hoxe no Centro de Interpretación das Burgas. Este espazo para a investigación e divulgación do patrimonio arqueolóxico-termal permite ao visitante facerse cunha concepción global do termalismo mediante ferramentas e propostas audiovisuais interactivas, afondando na historia e cultura da nosa cidade. A visita complétase coas pezas distribuidas no bulevar peonil que atravesa a explanada, conectando a rúa das Burgas coa do Baño. O Centro de Interpretación, con entrada pola rúa do Vilar (aínda que tamén accesible desde o bulevar), conta con 5 salas expositivas, unha de lectura e dous de audiovisuais que convidan aos visitantes a coñecer mellor o máximo patrimonio da cidade, as súas augas termais.

A exposición divídese en 5 áreas temáticas:

1. Entrada, «Introdución ao mundo das augas salutíferas»: dúas piscinas con simétricas columnas simbolizan o nacemento das Burgas, reproducindo motivos e textos descriptivos que nos introducen na cultura termal ourensá, desde lendas á xeoloxía.

2. «Auga, paisaxe, e territorio».- mostra a composición das augas e os seus usos terapéuticos, vinculandoo coas orixes da cidade de Ourense, que naceu termal.Camafeo das Burgas

3. «Balnearios»: mediante o tratamento no pavimento e os xogos de luz, evócase a imaxe dunha piscina balnearia, incorporando unha reproducción das cinco das aras votivas atopadas na zona e un camafeo romano. símbolo e imaxe do centro. Evócase así o culto ás deidades acuáticas.

4. «Termas»: a sala adícase á “balnea”; o tipo máis común de terma romana. Os paneis explicativos dan conta do funcionamento destas instalacións, empregando o calor da auga termal para os baños quentes, o chamado hipocausto.

5. «Abandono e recuperación”: pantallas e vitrinas amosan aquí referencias aos balnearios medievais, os camiños da auga e a relación entre as Burgas e as peregrinacións xacobeas.

A visit complétase cun paseo polo Bulevar peonil das Burgas,nas traseiras do Centro; unha gran zona verde que conecta as rúas da Burga e o Baño e que funciona como museo ao aire libre. Nel pódense visitar algúns dos achádegos arqueolóxicos do sitio: 3 pozos contemporáneos, unah tumba medieval, estruturas murarias romanas da balnea das Burgas e a piscina santuario de Revve Anabaraego, datada no século I d.C, única na Península.

View Larger Map

Tel: 34 988 250 103

Siga connosco en Facebook