slider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Tradicionalmente, o complexo das Burgas contaba con tres fontes; a «de Arriba», a «do Medio», e a «de Abaixo», a máis popular. A «Burga de Abaixo», emblema da cidade, é un fonte construída polo Mestre Trillo a mediados do século XIX segundo o canon neoclásico, de moda na época. Está formada por un triple pectoril, cunha boca central cun nicho con chafariz e canos de auga nos laterais. Está rematada por dous floreiros nos extremos e mais o escudo da cidade.

Dela mana continuamente (máis de 300 litros por minuto) un auga mineiro-medicinal a unha temperatura de 67ºC ao redor da que xiran unha morea de crenzas populares. Ao seu lado, o popularmente coñecido como Fervedoiro, estanque cadrado donde a auga semella estar en constante estado de ebullición. Como curiosidade, cómpre apuntar que o seu enreixado foi instalado polo Concello como medida de seguridade con motivo da visita do rei Alfonso XIII, en 1881.

Rodeando a fonte atopamos un xardín deseñado en 1914, unha das primeiras zonas verdes públicas da cidade: nos seus setos rodeados por muretes atopamos o escudo da cidade, visible desde Ponte Murallón e que, curiosamente, representa o león cunha chave que substitúe a espada do deseño orixinal.

Non obstante, a «Burga» orixinal da que atopamos referencias en textos medievais e posteriores (ata a reforma do XIX) corresponde a chamada «Burga de Arriba», de traza sinxela e máis pequena, aínda que cun alto valor histórico. Foi construída na segunda metade do s XVII.

Baixo esta, A desaparecida «Burga do Medio», antano lugar de curtidores e lavandeiras. A gran reforma desenvolvida nos anos 80 convertiuna nun estanque ornamental coñecido como o «Estanque das Ninfas», do que aínda se conserva o relevo en bronce do escultor ourensán Acisclo Manzano. No ano 2010 convertiuse nunha piscina ao aire libre, a actual estación termal das Burgas.