slider imageslider imageslider imageslider imageslider image

Termatalia, é a única feira especializada que representa a ponte termal entre Europa e América Latina, que reúne a profesionais de máis de 20 países, e o único foro internacional que reúne a todos os axentes do sector. Trátase dun proxecto convertido nunha marca do termalismo, e nun dos centros de negocio do sector a nivel mundial.

Despois da súa primeira experiencia fóra de España, coa celebración de Termatalia en Perú en 2012, o evento regresa a Ourense, Capital Termal Española, entre o 20 e 22 de setembro de 2013 fornecida internacionalmente como feira do turismo de saúde, a industria termal, a talasoterapia e o spa.

Dotada do Selo de Internacionalidade que otorga o Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España (publicado no BOE do 26/12/ 2012), a 13ª edición de Termatalia, Feira Internacional de Turismo Termal, fomentará o intercambio de experiencias entre distintos continentes desde un punto de vista empresarial, institucional e social, que permitirá obter unha perspectiva global do sector impulsando o mercado estratéxico do Turismo Termal e de Benestar en América Latina, ao tempo que se establecen vínculos científicos e comerciais entre o continente europeo e o latinoamericano.

Para a súa próxima edición, desde Termatalia aspiran a repetir as diferentes accións profesionais desenvoltas en anos anteriores: talleres cos operadores turísticos, misións de prensa, roldas de negocios entre provedores e distribuidores, fam trip para axentes de viaxes e venda polo miúdo, etc. Celebraráse ademais a popular Cata Internacional de Augas, ademáis dunha nova edición, xa a octava, do Encontro Internacional sobre Auga e Termalismo.

Vexa outras novas sobre Termatalia