A cidade termal de Bath: unha utopía de pasado, presente e futuro?

O vindeiro 5 de marzo a cidade inglesa celebra o seu Café de Europa, o último no calendario do proxecto SOURCE

C-of-Europe-Bath
Os Cafés de Europa chegan xa o seu tramo final e fan con toda a pompa desde Bath, unha das grandes marabillas termais de Europa e do mundo. A cidade inglesa celebra o vindeiro 5 de marzo o seu Café Europa, xa o último de proxecto SOURCE, unha iniciativa europea en curso dende 2013 e na que participamos oito cidades membro da EHTTA, Ourense entre elas. O Café de Bath está adicado a explorar o concepto de cidade-utopía, cidades como ideal arquitectónico, urbano, social e cultural ao longo da historia. Lánzase a pregunta sobr que poden achegar as cidades europeas con tradición termal ao modelo fa futura utopía ... será a cidade ideal aquela na que a saúde eo benestar físico e mental dos seus habitantes son a maior prioridade ?.
Con este Cafe, Bath revisa a súa declaración como Patrimonio da Humanidade que a UNESCO lle concedeu en 1987actualizando o valor arquitectónico e de conservación recoñecido daquela con novas ideas, por exemplo, como a cidade foi retratado nas artes, o seu papel na historia da medicina europea, o desenvolvemento de políticas de asistencia social, etc. Presidido pola alcaldesa da vila, Cherry Beath, o Café reunirá a sete expertos de diferentes disciplinas para presentar e discutir as distintas facetas da "cultural termal" local. Trátase dun evento aberto ao público, de entrada gratuíta, que se celebrará no teatro Komedia de Bath a partir das 13.00 h. E todo isto cando a cidade atópase de cheo na celebración do seu Festival Internacional de Literatura un importante evento anual, cuxa influencia deixarase sentir nun Café onde haberá tamén espazo para o teatro e ficción.

Consulta e descarga o programa completo (Adobe_pdf 1MB, Inglés) Europeo Coffee Bath