Xa é posible descubrir as diferentes experiencias termais que Ourense ofrece sen sair de casa. Como ? Nestes días estivemos a traballare para pór ao voso dispor unha colección de paseos virtuais online a través de Google polos distintos espazos termais da nosa cidade.
Cunha conexión a internet e un par de clics xa podedes realizar estas visitas interactivas, gozando de imaxes panorámicas de 360º en alta calidade. Se até o de agora erades dos que vos gustaba coñecer de xeito virtual outras cidades empregando o Street View de Google, encantarávos esta nova proposta para desfrutar dun baño termal…sen mollar os pés.

Aquí vos deixamos algúns exempros..

Descubre a Estación Termal de Outariz…

…ou desfruta da Piscina das Burgas desde outra perspectiva…

Podedes acceder a estes paseos desde a nosa web, nas distintas Fichas de Terma ou tamén a través de buscas simples en Google. Ademais, comprobaredes que melloramos o posicionamento destas zonas en Google Maps, e agora é máis doado atopar ubicacións e vías de acceso.

Descubrir o xeito singular que en Ourense temos de entender a cultura termal nunca foi tan doado, aínda que, sen dúbida, non hai mellor xeito de coñecela que in situ. Aquí vos agardamos!