foto-nadal-web

En Ourense xa lle dimola benvida oficial ao Nadal, coas primeiras luces, panxoliñas e festexos. As festas chegan tamén as zonas termais da cidade, que verán lixeiramente modificados os horarios e días de apertura nestas datas tan sinaladas. Desde a nosa web informamósvos a todos e a todas as bañistas da cidade dos seguintes cambios:

  • Os días 24 e 25 de decembro permanecerán pechadas a Estación Termal das Burgas e o Centro de Interpretación, así como a cafetería e punto de información da Zona Termal de Outariz.
  • Estas zonas permanecerán tamén pechadas os días 31 de decembro e 1 de xaneiro.
  • Os días 5 e 6 de xaneiro o horario de peche na Estación Termal das Burgas e as zonas termais do Miño (atención do persoal de Aspanas) adiántase ás 18.30

Ollo! Os espazos termais de pago tamén modifican os seus horarios:

  • Estación Termal de Outariz

    • As instalacións permanecerán pechadas os días 24,25 e 31 de decembro e o 1 de xaneiro.
    • Permanecerán tamén pechadas o 7 de xaneiro.
  • Estación Termal da Chavasqueira

    • Pechada os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro.
    • Os días 24 e 31 de decembro o horario de peche adiántase ás 19.00 horas.

Desde a Concellaría de Termalismo de Ourense desexámosvos a todos e a todas felices festas. Agardamos que, se estades por Ourense, gozedes dun Nadal diferentes cun baño termal.



 

Lembra consultar o noso espazo Estado Zonas Termais para comprobar a dispoñibilidade das instalacións.